Diferenzas entre revisións de «Inglés medio»

m
→‎O rexurdimento do inglés: Henrique IV de Inglaterra
(consonantes son as rimas, as letras son consoantes)
m (→‎O rexurdimento do inglés: Henrique IV de Inglaterra)
A partir do [[século XIII]], trala perda do ducado de Normandía, as tensións provocadas pola rivalidade inglesa e francesa durante a [[Guerra dos Cen Anos]] converteron a ambos os dous países en inimigos. O inglés pasou a ser un dos símbolos da identidade nacional, e para aquel entón aqueles que tiñan ascendencia normanda xa se vían a si mesmos como ingleses. En 1233 [[Henrique III de Inglaterra|Henrique III]], que quería emular a autocracia da monarquía francesa, substituíu a tódolos seus cortesáns por nobres traídos de Francia, que usurparon os postos dos duques anglonormandos, incrementando o sentimento nacionalista nestes e formando un terreo común entre as clases medias e a nobreza. Doutra banda, a chamada Morte ou [[Peste Negra]] fixo estragos entre a poboación campesiña do país, a carencia de man de obra levou aos campesiños a solicitar mellor retribución e a revoltas como a [[revolta campesiña de 1381 (inglaterra)|revolta campesiña de 1381]], e a forte mortalidade que se daba nos mosteiros, habitados por un gran número de xente, provocou que os monxes cultos falecidos fosen substituídos por outros monxes recentemente ordenados, que descoñecían as linguas clásicas.
 
Doutra banda, o movemento [[lolardo]], liderado por [[John Wycliffe]], ocupouse de traducir a Biblia ao inglés, mentres no país desenvolvíase unha corrente mística na literatura, expoñentes do cal son as obras de [[Richard Rolle]], a anónima ''A nube do non saber'', as revelacións de [[Juliana de Norwich]] e ''[[O libro de Margery Kempe]]''. A finais do S. XIV reviviuse o verso aliterativo, co cal rexurdiu a tradición anglosaxoa anterior en obras como ''[[Pedro o Labrador]]'' de [[William Langland]], o poema aliterativo "Morte Arthure" ou ''[[Sir Gawain e o cabaleiro verde]]''. O inglés substituíu tamén ao francés nos documentos de carácter público e converteuse na lingua oficial da corte nada máis se iniciou o reinado de [[Henrique IV de Inglaterra|Henrique IV]]. En 1362 empregouse por primeira vez o inglés para convocar ao parlamento.
 
== Aspectos formais ==
106.148

edicións