Abrir o menú principal

Cambios

Áncora
== Criterios ==
=== Xerais ===
{{AnchorÁncora|X1}}
==== X1. Lixo ====
{{Atallo|WP:X1}}
Este criterio refírese ás páxinas que consisten só de texto incoherente ou galimatías, sen contido ou historial significativo. Pero non se refire a textos con pobre ortografía, non neutrais, teorías pouco probables, vandalismo ou rumores, textos ficticios, texto coherente noutras linguas ou malas traducións, xa que para esas situacións existe un criterio particular na lista. Non se refire tampouco a páxinas e subpáxinas de usuario.
{{AnchorÁncora|X2}}
==== X2. Páxina de probas ====
{{Atallo|WP:X2}}
Refírese a páxinas creadas para facer probas de edición ou calquera outro tipo de probas das funcións da Wikipedia. Refírese a subpáxinas de probas creadas para tal fin nos espazos de nomes principais, pero non se refire á [[Wikipedia:Zona de probas|zona de probas]], que é o espazo onde se deben facer estas probas. Tampouco se refire ás [[Wikipedia:Páxina de usuario|páxinas e subpáxinas de usuario]], nin a modelos válidos pero sen uso.
{{AnchorÁncora|X3}}
==== X3. Vandalismo ====
{{Atallo|WP:X3}}
{{VT|Wikipedia:Vandalismo}}
Refírese este criterio ás páxinas que se crearon co único propósito de [[WP:VA|vandalizar]], para comprometer de forma deliberada a integridade da Wikipedia.
{{AnchorÁncora|X4}}
==== X4. Recreación dunha páxina borrada tras votación ====
{{Atallo|WP:X4}}
Refírese ás copias idénticas ou case idénticas, con calquera título, doutras páxinas que fosen borradas logo dunha [[Wikipedia:Votacións para borrar|votación]]. Non se inclúen neste criterio as páxinas que non sexan substancialmente idénticas á versión borrada, as páxinas nas que o motivo do borrado argumentado na votación xa non poida considerarse, e contido trasladado ó espazo dun usuario ou á súa páxina de probas para a súa mellora explícita (pero non coa intención de eludir a [[WP:BORRAR|política de borrado]]).
{{AnchorÁncora|X5}}
==== X5. Eliminación por motivos técnicos ====
{{Atallo|WP:X5}}
* Borrar páxinas claramente creadas por erro ou co seu título (lugar no espazo de nomes) incorrecto.
* Calquera outro tipo de [[Wikipedia:Mantemento|mantemento]] ou tarefa administrativa trivial que requira o borrado temporal ou puntual dunha páxina concreta.
{{AnchorÁncora|X6}}
 
==== X6. Petición do autor ====
{{Atallo|WP:X6}}
Emprégase este criterio cando un editor fai unha petición de borrado dunha páxina, de boa fe, e cando el ou ela é ademais o único/a que contribuíu nesa páxina. Este tipo de peticións adoitan ter lugar cando hai un erro no título ou o autor creou a páxina por erro. Poñer en branco (eiminar todos os contidos) unha páxina que estea fóra do espazo de nomes de usuario, categoría ou conversa pode considerarse unha petición de borrado por parte do autor do borrado.
{{AnchorÁncora|X7}}
 
==== X7. Páxina dependente doutra borrada ou inexistente ====
{{Atallo|WP:X7}}
Exemplos de borrados que poden ser respaldados con este criterio son as páxinas de conversa orfas, subpáxinas sen páxina nai, páxinas de ficheiros sen unha imaxe correspondente, redireccións a páxinas non válidas (páxinas que non existen, bucles de redireccións, redireccións a títulos incorrectos e categorías poboadas por modelos borrados). Non se pode aplicar este criterio a outras páxinas que poidan ser útiles para a Wikipedia, como conversas de borrado non rexistradas noutro lugar, páxinas de usuario, páxinas de conversa de usuario, arquivos de conversas, conversas de ficheiros existentes en Commons e páxinas que deban moverse a outros lugares. As páxinas de conversa orfas ou subpáxinas sen páxina nai poden marcarse con {{tl|páxina orfa}} para a súa conservación se son relevantes.
{{AnchorÁncora|X8}}
==== X8. Páxina de ataque ou acoso ====
{{Atallo|WP:X8}}
As páxinas de ataque ou acoso son aquelas que só teñen o propósito de difamar, conteñen ameazas legais ou de calquera outro tipo, teñen a intención de acosar ou intimidar a unha persoa ou conteñen [[WP:BPV|información biográfica sobre unha persoa viva]] nun ton totalmente negativo e sen fontes que apoien o texto. Estas páxinas deben eliminarse cando non hai unha [[WP:PVN|versión neutral]] no historial á que se poida reverter. Tanto o título da páxina como o contido poden terse en conta á hora de avaliar o ataque ou acoso. Os artigos sobre persoas vivas borrados baixo este criterio non deben restaurarse ou crearse de novo ata que se cumpran os estándares dos [[WP:BPV|artigos biográficos]]. As redireccións dende termos de procura plausibles non entran dentro deste criterio (ver [[WP:RNEUTRAL]]).
{{AnchorÁncora|X9}}
 
==== X9. Promoción ou spam ====
{{Atallo|WP:X9}}
Pode usarse este criterio para páxinas que son exclusivamente promocionais e que precisarían ser reescritas dende o comezo para cumprir as [[WP:NON#PROPAGANDA|políticas fundamentais]]. Se un tema particular é notable e o contido pode ser substituído por texto que cumpra o [[WP:PVN|punto de vista neutral]], é preferible facer isto antes que recorrer á eliminación. Os artigos que describa o tema tratado dende un punto de vista neutral non poden eliminarse baixo este criterio. Tamén hai que ter en conta que "promoción" non significa necesariamente unha propaganda comercial, pódese facer propaganda de calquera cousa, incluíndo persoas, organizacións, puntos de vista etc.
{{AnchorÁncora|X10}}
 
==== X10. Violación dos dereitos de autoría ====
{{Atallo|WP:X10}}
Refírese a páxinas de texto que conteñan material con [[Wikipedia:Dereitos de autoría|dereitos de autoría]], sobre os que non hai unha evidencia de que estean no dominio público ou baixo unha licenza compatible, e cando non quede texto válido nesa páxina que se poida salvar. Só se debe borrar a páxina se o seu historial está corrupto, e non é posible amañala. Se existen versións anteriores onde non se produza violación de dereitos debe reverterse a páxina a esa versión. Para casos non obvios que non cumpran este criterio (como por exemplo se hai unha licenza dubidosa na fonte, cando se mesturan edicións de texto libre con texto con dereitos ou cando só hai unha violación parcial ou cambios mínimos no texto con dereitos), o artigo ou sección particular debe marcarse con {{tl|Copyvio|2=fonte do texto con dereitos de autoría}}. O contido no dominio público e outros contidos libres, como espellos da Wikipedia, non poden borrarse seguindo este criterio. Tampouco entra baixo este criterio a falta de atribución do texto. Para imaxes e ficheiros multimedia, consulta [[#F8|o criterio equivalente]].
{{AnchorÁncora|X11}}
 
==== X11. Mensaxe de sistema definida en TranslateWiki ====
 
=== Artigos ===
{{AnchorÁncora|A1}}
==== A1. Sen contexto ou relevancia enciclopédica ====
{{Atallo|WP:A1}}
Este criterio refírese aos artigos moi curtos que non conteñan un contexto suficiente para identificar o suxeito do artigo. Non se refire a contido coherente noutras linguas ou traducións con múltiples erros e incompletas. Se a información do título ou o contido, incluíndo ligazóns, lle permite a un editor engadir máis información sobre o tema para ampliar o artigo, non é axeitado empregar este criterio. Tamén se aplica este criterio cando hai artigos curtos sobre persoas, animais individuais, organizacións, obras, eventos ou contido web que non sexan significativos e non estean apoiados por [[Wikipedia:Fontes fiables|fontes fiables]] que permitan a súa [[Wikipedia:Verificabilidade|verificabilidade]].
{{AnchorÁncora|A2}}
 
==== A2. Texto noutra lingua ou tradución automática con numerosos erros ====
{{Atallo|WP:A2}}
Refírese este criterio a artigos que non estean en galego ou que sexan traducións (manuais ou automáticas) con múltiplos erros, e que requiran un traballo de tradución e corrección exhaustivo. Polo xeral este tipo de artigos márcase primeiro con algún dos marcadores {{tl|non galego}} ou {{tl|autotrad}}, deixando un tempo razoable para permitirlles a outros editores arranxar os problemas indicados. De continuaren os problemas pasado o período indicado débese eliminar o artigo conforme este criterio.
{{AnchorÁncora|A3}}
 
==== A3. Sen contido relevante ====
{{Atallo|WP:A3}}
Refírese a artigos (que non sexan de [[Wikipedia:Homónimos|páxinas de homónimos]], [[WP:RED|redireccións]] ou redireccións suaves a proxectos irmáns) sen un contido significativo, que estean formados só por ligazóns externas, categorías, seccións de "véxase tamén", unha frase mínima semellante ó título, unha pregunta que debería ir na [[WP:AT|taberna]] ou nunha páxina de conversa, comentarios tipo chat, marcadores e/ou imaxes.
{{AnchorÁncora|A4}}
 
==== A4. Exportado a un proxecto irmán ====
{{Atallo|WP:A4}}
Artigos que só conteñen unha definición de dicionario, que xa foron exportados no [[:wikt:|Galicionario]], unha fonte primaria que xa foi exportada ó [[:wikisource:|Galifontes]], unha páxina de citas exportada ó [[:wikiquote:|Galicitas]] ou calquera artigo de calquera temática que tras unha [[WP:BORRAR|votación para borrar]] se acordase mover a outra páxina ou proxecto, ao que o movemento ou proceso de importación se completase.
{{AnchorÁncora|A5}}
==== A5. Duplicado ====
{{Atallo|WP:A5}}
Este criterio fai referencia a artigos de creación recente que non teñen un historial relevante, e que duplican un tema xa existente noutro artigo da Wikipedia, sen amplialo e sen achegar máis información ou detalles sobre ese tema, e cando o título non é unha posible [[WP:RED|redirección]]. Se o título é un termo razoable para o tema, converter o novo artigo nunha redirección pode ser preferible ó seu borrado.
{{AnchorÁncora|A6}}
==== A6. Falsidades, contido inventado, rumores ====
{{Atallo|WP:A6}}
{{Atallo|WP:R1}}
{{VT|Wikipedia:Redireccións}}
{{AnchorÁncora|R1}}
==== R1. Redirección entre espazo de nomes ====
Pódese seguir este criterio de eliminación rápida no caso de redireccións, sen contar os [[Wikipedia:Lista de atallos|atallos]], dende o espazo de nomes principal cara a outro espazo de nomes.
{{Atallo|WP:R2}}
{{AnchorÁncora|R2}}
==== R2. Redirección innecesaria ====
Refírese ese criterio a redireccións de recente creación dende títulos con erros, pouco comúns ou improbables, ou con títulos completamente errados que non fornecen unha axuda á navegación e procura do artigo ou páxina a que apuntan.
{{AnchorÁncora|R3}}
==== R3. Redirección crebada ====
{{Atallo|WP:R3}}
=== Ficheiros ===
{{VT|Wikipedia:Política de uso de imaxes}}
{{AnchorÁncora|F1}}
{{Atallo|WP:F1}}
==== F1. Redundante ====
Este criterio fai mención ós ficheiros duplicados doutros, que non teñen uso e/ou son copias de menor calidade ou resolución doutro ficheiro da Wikipedia, co mesmo formato de ficheiro. Este criterio non se refire aos ficheiros que estean presentes en Commons.
{{AnchorÁncora|F2}}
{{Atallo|WP:F2}}
==== F2. Corrupto, baleiro ou faltante ====
Refírese a ficheiros que estean corruptos, páxinas de ficheiros sen o propio ficheiro, ficheiros baleiros, ou páxinas de descrición de ficheiros cargados en Commons que tan só conteñen información local innecesaria (agás os metadatos).
{{AnchorÁncora|F3}}
==== F3. Licenza non válida ====
{{Atallo|WP:F3}}
Este criterio refírese aos ficheiros onde se indiquen licenzas ou permisos non compatibles coa licenza CC-BY-SA da Wikipedia, como por exemplo "sen uso comercial" (incluíndo licenzas Creative Commons NC), "sen derivados", "usado co permiso de" ou "uso exclusivo na Wikipedia".
{{AnchorÁncora|F4}}
==== F4. Sen información de licenza ====
{{Atallo|WP:F4}}
Refírese aos ficheiros que non teñen a información de licenza necesaria para verificar cales son os dereitos de autoría. Estes ficheiros poden borrarse tras un período de tempo após a súa identificación, se ninguén engadiu a información requirida. Os administradores deben revisar o resumo da carga, información e metadatos do ficheiro, e a propia imaxe, na procura dunha licenza antes de proceder a eliminar o ficheiro baixo este criterio.
{{AnchorÁncora|F5}}
==== F5. Sen información de orixe ====
{{Atallo|WP:F5}}
Refírese a aqueles ficheiros que non teñen a información de orixe necesaria para verificar cales son os dereitos de autoría. Estes ficheiros poden borrarse tras un período de tempo após a súa identificación, se ninguén engadiu a información requirida. Os administradores deben revisar o resumo da carga, información e metadatos do ficheiro, e a propia imaxe, na procura dunha licenza antes de proceder a eliminar o ficheiro baixo este criterio.
{{AnchorÁncora|F6}}
==== F6. Sen orixe nin licenza ====
{{Atallo|WP:F6}}
Este criterio respalda a eliminación de ficheiros que non teñen nin a información de orixe nin de licenza necesarias para verificar cales son os dereitos de autoría. Estes ficheiros poden borrarse tras un período de tempo após a súa identificación, se ninguén engadiu a información requirida. Os administradores deben revisar o resumo da carga, información e metadatos do ficheiro, e a propia imaxe, na procura dunha licenza antes de proceder a eliminar o ficheiro baixo este criterio.
{{AnchorÁncora|F7}}
==== F7. Dispoñible en Commons ====
{{Atallo|WP:F7}}
* Se a imaxe está dispoñible en Commons baixo un nome distinto do local, as referencias locais á imaxe deben actualizarse para apuntar ó nome do ficheiro en Commons.
* Se a imaxe local non está protexida. As imaxes protexidas non deben eliminarse, aínda que exista unha copia idéntica en Commons. Este tipo de imaxes manteñense localmente por motivos de uso na interface ou en marcadores de alto risco.
{{AnchorÁncora|F8}}
 
==== F8. Violación dos dereitos de autoría ====
=== Categorías ===
{{VT|Wikipedia:Categorías}}
{{AnchorÁncora|C1}}
==== C1. Categoría baleira ou sen uso ====
{{Atallo|WP:C1}}
Deben eliminarse pola vía rápida as categorías que levan sen uso ou baleiras un período de tempo determinado. Este criterio non ampara a eliminación de categorías sobre elementos destacados, categorías internas da Wikipedia ou categorías de mantemento, que poden estar ocasionalmente baleiras. Estoutro tipo de categorías deben manterse, e indicarse co marcador {{tl|categoría baleira}}.
{{AnchorÁncora|C2}}
==== C2. Categoría movida ou renomeada ====
{{Atallo|WP:C2}}
{{VT|Wikipedia:Páxina de usuario}}
{{Atallo|WP:U1}}
{{AnchorÁncora|U1}}
==== U1. Petición do usuario ====
Este criterio fai referencia a páxinas de usuario persoais e subpáxinas de probas, logo da petición do propio usuario. Non se pode aplicar cando se trata de páxinas de conversa ou de arquivos de conversas vellas do usuario.
{{AnchorÁncora|U2}}
 
==== U2. Usuario non existente ====
{{Atallo|WP:U2}}
Refírese este criterio a páxinas de usuarios que non existen (compróbase en [[Especial:Lista de usuarios]]), agás páxinas de usuarios anónimos con algunha edición ou as páxinas de usuarios que mudaron de nome, para as que o nome previo normalmente se mantén como unha redirección ó novo nome durante un período de tempo razoable.
{{AnchorÁncora|U3}}
==== U3. Uso incorrecto da páxina de usuario ====
{{Atallo|WP:U3}}
=== Modelos e módulos ===
{{Atallo|WP:M1}}
{{AnchorÁncora|M1}}
==== M1. Modelo ou módulo sen uso aparente ====
Fai referencia a modelos non usados en ningunha páxina, que non teñan un posible uso futuro, ou que non pareza que o vaian ter.
{{AnchorÁncora|M2}}
==== M2. Modelo ou módulo duplicado ====
{{Atallo|WP:M2}}