Francisco de Sales: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxiños​
m Jean Calvin
Liña 1:
{{Biografía}}
[[Ficheiro:Franz_von_Sales.jpg|miniatura|dereita|Francisco de Sales.]]
 
Liña 16 ⟶ 17:
== Crise ==
Francisco de Sales, na altura do seu éxito social, sufriu unha fonda crise existencial que o puxo en contraste vital coas principais doutrinas luteranas e calvinistas (a [[graza]] e a [[predestinación]]).
Tentando non participar das diversións contrarias a súa moral, foi obxecto de burlas que lle causaban unha profunda ira interior, que conseguía dominar ata o punto de que todos o tiñan por unha persoa apracible e mansa. A xenreira nacíalle dun sentimento de orgullo e soberbia, polo que chegou a atormentarse coa teima dunha segura condenación. Coñecedor das doutrinas de [[CalvinoJean Calvin]], chegou a angustiarse coa idea de que estaba predestinado á condenación. Caeu nunha aguda depresión, perdendo o sono e a fame. Mais nesta crise interior empezou a percibir que o que máis lle facía sufrir non era o terror ás penas do [[Inferno]] senón a imposibilidade de amar a Deus, unha vez condenado.
 
Cun sentimento de inutilidade e fraxilidade radical, atopou luz na lectura no [[Evanxeo]] de frases como ''Deus enviou ao seu Fillo ao mundo non para condenalo, senón para que os malvados se salven por medio de El'' (Xn 3:17). Encontrou tamén apoio na súa devoción á Virxe María, segundo as recomendacións de [[San Bernardo]].