Diferenzas entre revisións de «Guerra do Golfo»

m
Cambiei arroxar por lanzar. Arroxar https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/arroxar
(*Despregue (subs.) > despregamento.)
m (Cambiei arroxar por lanzar. Arroxar https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/arroxar)
Apenas iniciadas as hostilidades, os italianos lanzaron oito avións [[Tornado (avión)|Tornado]] para atacar brancos dentro de Kuwait. Sete destes avións deberon abortar a misión debido a problemas loxísticos e só un internouse en Kuwait de onde nunca máis volveu. O piloto e o navegante foron reportados como desaparecidos. A [[Royal Air Force]] británica, pola súa banda, experimentou serios problemas nos seus ataques ás bases aéreas iraquís. O obxectivo dos ingleses era deixar caer bombas [[JP-233]] para inutilizar as pistas, aínda que para isto os avións debían voar a non máis de vinte metros de altura para evitar os rádares ou pola contra serían detectados con antelación. Deste xeito, os británicos perderon cinco avións Tornado nas primeiras 400 misións. Debido a este incidente, os británicos suspenderon os ataques a baixa altura. A [[Forza Aérea iraquí]] efectuou algunhas saídas nun intento por defende-lo país, pero non había moito que puidese facer xa que a coalición contaba con avións de última xeración como o [[F-15 Eagle]], o [[F-16 Falcon]], o [[F-14 Tomcat]], o [[Panavia Tornado]], o [[F-117 Nighthawk]] e outros máis que eran apoiados por avións de [[contramedidas electrónicas]] e [[AWACS]]. De feito nunca houbo propiamente unha batalla aérea, salvo algúns encontros esporádicos e a maioría dos avións de Iraq foron destruídos nos búnkeres onde se atopaban ou nas pistas. Nos combates aéreos, os iraquís perderon 39 avións dos cales 30 derrubamentos foron causados polos F-15 Eagle. Calcúlase que uns 127 avións de Iraq foron destruídos durante o conflito, entre estes contábanse cinco dos seis bombardeiros Tupolev tu-22K con que contaba a nación árabe. Aínda así, un [[MiG-25]] iraquí logrou derrubar un [[F/A-18 Hornet]] do [[escuadrón VFA-81 Sunline]] durante unha escaramuza. Á súa vez, os F-15 Eagle da [[Forza Aérea Real Saudita]] encargáronse de dous Mirage F-1 iraquís. Máis adiante, un escuadrón de MiG-25 localizou e interceptou a un grupo de F-111 e F-15C. A actuación dos avións iraquís logrou que os mísiles [[SAM]] en terra puidesen derribar un dos F-15C Eagle. Así mesmo, tres F-16 Falcon estadounidenses foron destruídos por fogo antiaéreo durante unha misión de ataque e outros tres máis serían abatidos en distintos escaramuzas. Con todo, pese aos esforzos dos iraquís, a superioridade da coalición foise impoñendo rapidamente e unha patrulla de F-15 Eagle abateu dous MiG-25. Durante os encontros sucesivos sobre os ceos de Iraq, os F-15 Eagle norteamericanos lograron abater 5 MiG-29, 8 MiG-21, 2 SU-25, 4 SU-22, 1 SU-7 e 8 Mirage F-1. Aínda o 19 de xaneiro un MiG-29 conseguiu derribar un Tornado británico, pero pronto se fixo evidente que non había forma de competir co poderío da coalición e os mellores pilotos iraquís decidiron fuxir nos seus avións cara a Irán. Estímase que un total de 115 avións militares e 33 aparellos civís acharon refuxio en chan iraniano{{Cómpre referencia}}.
 
Cara ó final do conflito reportouse a perda de 38 avións da coalición, a maioría abatidos por fogo antiaéreo. Privados de forza aérea e acosados por intensos bombardeos, as forzas de Iraq optaron por protexer as súas tropas e o seu equipo baixo terra co que perderon toda mobilidade. Unha vez alcanzada a total supremacía aérea, a coalición incrementou os seus ataques a fin de que Saddam Hussein dese a orde de retirarse de Kuwait e aceptase renderse. Todas as cidades de Iraq foron branco de bombardeos e sufriron severos danos; morreron decenas de miles xa que as bombas que os aliados arroxaronlanzaron sobre todo Iraq tiveron unha capacidade destrutiva equiparable a unhas oito veces a bomba de [[Hiroshima]]{{Cómpre referencia}}. Un dos incidentes máis soados ocorreu o 13 de febreiro cando dous mísiles impactaron nun refuxio antiaéreo en [[Bagdad]] chamado Al-Ameria e provocaron a morte de 1.200 civís.
 
Os resultados da campaña aérea foron abafadores para as forzas iraquís e minguaron terriblemente a súa capacidade de combate por non falar da súa moral. Estímase que ó termina-la guerra uns 2.435 tanques, 1.443 blindados e 1.649 pezas de artillería foron destruídos ou inutilizados como consecuencia directa dos demoledores ataques aéreos. Cabe destacar que o [[A-10A Thunderbolt II]] norteamericano deu bos resultados nas súas accións contra os blindados iraquís.
9.241

edicións