Trece Colonias: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Substitución automática de "Grand_Union_Flag.svg" por "Flag_of_the_United_States_(1776-1777).svg" segundo o ordenou [[commons:User:CommonsDelinker|Common...
Lles (conversa | contribucións)
m Cambiei arroxaron por botaron. Arroxar https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/arroxar
Liña 33:
En [[1765]], representantes de nove colonias reuníronse como "Congreso sobre a Lei do Selo" e protestaron contra o novo imposto. Os comerciantes negáronse a vender produtos británicos, os distribuidores de selos víronse ameazados polo xentío e a maioría dos colonos sinxelamente negouse a comprar os mencionados selos. O parlamento británico viuse forzado a revogar a Lei, pero fixo cumprir a Lei de Aloxamento, decretou impostos ao [[té]] e a outros produtos, e enviou funcionarios aduaneiros a Boston a cobrar eses aranceis. De novo os colonos optaron por desobedecer, así que se enviaron soldados británicos a [[Boston, Massachusetts|Boston]].
 
As tensións aliviáronse cando Lord North, o novo Primeiro ministro británico, eliminou todos os novos impostos salvo o do té. En [[1773]], un grupo de patriotas respondeu ao devandito imposto escenificando a Festa do Té de Boston: disfrazados de indíxenas, abordaron buques mercantes británicos e arroxaronbotaron á auga, no porto de Boston, a 342 cestas de té. O parlamento promulgou entón as "Leis Intolerables": a independencia do goberno colonial de Massachusetts foi drasticamente restrinxida e enviáronse máis soldados británicos ao porto de Boston, que xa estaba pechado aos buques mercantes. En setembro de [[1774]] tivo lugar en Filadelfia o Primeiro [[Congreso Continental]], reunión de líderes coloniais que se opuñan ao que percibían como asoballamento británico nas colonias. Estes líderes instaron aos colonos a desobedecer as Leis Intolerables e a boicotear o comercio británico. Os colonos empezaron a organizar milicias e a almacenar armas e municións.
 
En [[1775]] comeza oficialmente a guerra, cuxo desenvolvemento inicial foi claramente de dominio inglés, pero o seu curso cambiaría cando tras a [[Batalla de Saratoga]], primeira gran vitoria americana, [[Francia]] e posteriormente [[España]] entrarían en guerra apoiando aos independentistas norteamericanos.