Diferenzas entre revisións de «Afonso XII de España»

sen resumo de edición
{{Sen referencias|data=maio de 2010}}
{{Biografía}}
[[Ficheiro:Alfons XII (cropped).JPG|miniatura|Afonso XII.]]
'''Afonso XII, O Pacificador''', nado en [[Madrid]] o [[28 de novembro]] de [[1857]] e falecido en El Pardo (Madrid) o [[25 de novembro]] de [[1885]], foi Rei de [[España]] entre [[1875]] e [[1885]].
 
==Traxectoria==
Sendo aínda un neno os seus pais foron destronados pola [[revolución de 1868]], "La Gloriosa", e foron obrigados a exiliarse, polo que se educa en diversas cidades europeas como [[París]], [[Viena]] etc. A súa nai renunciou ao seu cargo como raíña en favor do seu fillo, nun documento que firmou en París en [[1870]]. Nestes anos sucedéronse varios gobernos provisionais (1868-70), o reinado de [[Amadeo I de Savoia]] e a [[Primeira República española]] (1873-1874). Esta foi ''liquidada'' polo [[Manuel Pavía|xeneral Pavía]], e grazas a isto, abriuse un período de gobernos provisionais. Durante esta etapa histórica ([[sexenio Revolucionario]]).
 
[[Ficheiro:ALFONSO 12º.jpg|miniatura|Afonso XII por [[Román Navarro]].]]
O [[1 de decembro]], Afonso fixo público un manifesto ([[Manifesto de Sandhurst]]), presentándose aos españois como príncipe católico, español, constitucional e desexoso de servilos. O 29 de decembro de [[1874]] prodúcese a restauración da monarquía en España. Naquel momento, o xefe do estado era o [[Francisco Serrano Domínguez|xeneral Serrano]], imposto a raíz do golpe de estado do xeneral Manuel Pavía que supuxera a caída da Primeira República. O xefe de goberno provisional era o xeneral Sagasta.
 
==Matrimonio==
Casou dúas veces, primeiro coa súa curmá, [[María de las Mercedes de Orleáns]], filla dos duques de Montpensier,<ref>{{Cita libro|título=Historia de España contemporánea|apelidos=Comellas García-Llera|nome=José Luis|editorial=RIALP|ano=2014|ISBN=978-84-321-4346-5|edición=10ª|páxina=256|ref=}}</ref> morrendo esta de [[tifo]] uns meses despois de casaren. Despois casa con [[María Cristina de Habsburgo-Lorena]], con ela tivo tres fillos.
 
{{Restauración borbónica en España}}
=== Fillos ===
* [[María de las Mercedes de Borbón y Habsburgo-Lorena|María de las Mercedes]] ([[1880]] - [[1904]]), princesa de Asturias.
{{End box}}
{{Control de autoridades}}
{{Restauración borbónica en España}}
 
[[Categoría:Reis de España]]
[[Categoría:Príncipes de Asturias]]
200.003

edicións