Radio Océano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
m corrección de erros e inclusión de links
Liña 12:
|web =
}}
'''Radio Océano''' foi un grupo de [[punk]]-[[Música rock|rock]] galego creado na [[A Coruña|Coruña]] en 1981 (aínda que con algún músico de [[Ferrol]]) a partir da banda [[División Atlántica]]. Foron moi activos na escena do rock galego da época, que eles axudaron a fundar.
 
== Historia ==
O grupo formárono os xornalistas coruñeses [[Xosé Manuel Pereiro]] (hoxe na [[TVE]] e correspondente de ''[[El País]]''), e Santiago Romero en 1981 e axiña comezaron a tocar cos grupos que naquel momento comezaban a facer [[música rock]] na [[Galiza]] ([[Siniestro Total]], [[Os Resentidos]]). Tamén facían parte da publicación alternativa ''[[La Naval]]'' (1986-1987) e colaboraban co poeta [[Lois Pereiro]].
 
ForonTiveron osunha gañadorespresenza dunmoi concursoactiva paranos novosprogramas gruposde Radio 3 de [[Radio Nacional de España]], o que lles permitiu gravar o seu único LP (''Nin falta que fai''), no ano 1985. O seu disco é unha obra seminal do rock galego e ademais de ser unha peza de coleccionista é valorado como un dos discos fundamentais na historia do rock galego.<ref>http://www.zonadeobras.com/revistas/numeros/numero10/10discos.asp</ref>.
 
Disolvéronse en 1987. O seu baixista nesa época cambiou mais tarde o seu nome artístico e converteuse en [[Pablo Bicho]]. O batería das formacións terceira e cuarta (1984-1987), Dani Punta, tocaba simultaneamente no grupo [[Viuda Gómez e Hijos]].<ref>''Ruta 66'', nº 15, febreiro de 1987, p. 12.</ref>
 
AntigosCo compoñentesgallo do 25 aniversario de RadioLa OcéanoNaval, organizaronvarios unmúsicos concertorelacionados homenaxeco amovemento cargo[[bravú]] deorganizaron variosun grupos,concerto homenaxe que tivo lugar o 22 de abril de 2010 na [[sala Nasa]] de [[Santiago de Compostela]]. Nese concerto, osintegrantes de [[Ülträqäns|Ultraquans]] e [[The Homens]] acompañaron a Rotring, con dúos con [[Julián Hernández]], [[Miguel Costas]], [[Uxía Senlle]], [[Paco Lodeiro]] ou [[Antón Losada Trabada|Antón Losada]]. Logo, compoñentes da segunda formación subiron a un escenario xuntos por primeira vez dende había 25 anos, e interpretaron algunhas das súas cancións máis recordadas.
 
Para maio de 2018 está prevista a saída dun disco recompilatorio, un vinilo doble que será editado por [[Subterfuge Records]].
Actualmente estase a preparar un disco recompilatorio que reúna as cancións de Radio Océano nun só volume. Pablo Iglesias está a traballar nunha masterización máis moderna e limpa cás da época, que dea mostra da potencia do grupo e as súas composicións.
 
== Membros ==