Instituto Camões: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Casa Camoens.jpg|miniatura|Sede do Instituto Camões en Vigo, a única de Galicia.]]
O '''Instituto Camões''' é unha entidade con base en [[Portugal]] e que se encarga da promoción da [[lingua portuguesa]] e da cultura portuguesa no exterior. A súa Lei Orgánica defíneo como persoa colectiva de dereito público, dotada de autonomía administrativa e patrimonial, baixo a superintendencia do [[Ministerio dos Negocios Estranxeiros de Portugal|Ministerio de Asuntos Estranxeiros]].
 
Ten unha única sede en [[Galicia]], na [[Casa de Arines]] de [[Vigo]].
 
== Historia ==
O Instituto Camões foi creado en 1992 como sucesor do Instituto da Cultura e Língua Portuguesa baixo a supervisión do Ministerio de Asuntos Estranxeiros de Portugal, e hoxe en día ten una autonomía tanto administrativa como patrimonial. Está presente en máis de 30 países, creando neles tanto ''Centros de Língua Portuguesa'' coma ''Centros culturais portugueses'' (nos primeiros ensínase a lingua e nos segundos a cultura e tradicións de Portugal).
 
É equivalente ao [[Instituto Cervantes]] español, a [[Società Dante Alighieri]] italiana, a [[Alliance Française]] francesa, o [[British Council]] británico ou o [[Goethe-Institut]] alemán. Todos eles traballan para divulgar as súas respectivas culturas polo mundo, favorecendo así o coñecemento de algunhas das principais linguas europeas, feito polo cal se lles otorgou o [[Premio Príncipe de Asturias]] de Comunicación e Humanidades do ano 2005.<ref>{{Cita web|url=https://elpais.com/sociedad/2005/06/01/actualidad/1117576801_850215.html|data-publicación=1 de xuño de 2005|páxina-web=El País|título=Los institutos culturales europeos, premio Príncipe de Asturias de Comunicación y Humanidades|data-acceso=|lingua=castelán}}</ref>
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==