Xoana de Arco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Ligazón interna.
Liña 357:
Xa en abril do mesmo ano, Xoana protagonizaría a última das súas vitorias no campo militar. Foi nun encontro coas tropas borgoñoas dirixidas por [[Franquet d'Arras]]. Necesitou cargar tres veces contra a defensa mercenaria borgoñoa que saíra de París con máis de 300 unidades, fronte ás preto de 400 que dirixía Xoana sen reforzos por parte do rei. A batalla acabou pois coa rendición de d'Arras, que lle ofreceu a súa espada como proba. Este aspecto sería tratado no proceso de Xoana o [[24 de marzo]] de 1431, xa que ela dixo que a partir daquel momento utilizou a espada gañada mentres que non quixo dar detalles da que levaba habitualmente, a que recibira en Sainte Catherine de Fierbois. O destino de d'Arras foi converterse en prisioneiro, e de aquí a súa execución logo dun proceso duns quince días en Lagny mesmo, a mans dun oficial de [[Senlis, Oise|Senlis]] da xustiza de Lagny.
 
O [[10 de marzo]] de 1431, Xoana declaraba no seu proceso, que na semana de Pascua de 1430 (crese que o [[22 de abril]]), estando en Melun, as súas voces, as de Santa Catarina e Santa Margarida, fixéronlle saber que sería capturada antes do día de [[noite de Sansan Xoán|San Xoán]], é dicir, o [[24 de xuño]], pero non tiña por que sufrir porque Deus axudaríalle a pasar o transo. Ademais ela probou de pedir a que hora sería tomada presa, pero as voces non llo dixeron.
 
O [[24 de abril]] Xoana chegaría a Senlis, onde teóricamente esperou por uns reforzos do delfín. De aquí ata o [[14 de maio]] non se sabe con certeza que é o que fixo. Sábese que pasaría por Crépy, Compiègne e por Soissons (que non permitiu que Xoana actuase escusándose con que a xente non quería problemas. [[Guiscard Bournel]], o capitán desta cidade, vendería semanas logo de forma secreta a cidade aos borgoñóns), volvendo o 14 a Compiègne. De todos os xeitos, o que está máis claro é que mentres tanto a alianza anglo-borgoñoa se refacía e o duque de Borgoña comezaba a gañar terreo co afán de facerse coa cidade de Compiègne. O obxectivo era asediala, xa que os cidadáns mostrábanse proarmagnacs e non ofrecían a súa rendición. O [[6 de maio]] a corte armagnac recoñecía o desastre que produciran as últimas treguas pactadas cos borgoñóns, sobre todo a tregua de neutralidade con Compiègne (afirmación reforzada polo arcebispo de Reims), que as aproveitaron para refacerse e refacer as alianzas con Inglaterra e iniciar outra vez toda unha serie de batallas.