Hábitat: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Tradución do artigo en inglés, na en.wikipedia.org
Liña 48:
 
==== Urbes ====
Moitos animais e plantas coexisten coa xente nos ambientes urbanos. Tenden a ser especies xeralistas, que se adaptan axiña e que empregan lugares das casas e edificios para residir. As ratas e os ratos seguiron ao home ao redor do globo; as pombas, os peregrinos, os gorrións ou as as andoriñas usan os edificios para aniñar; os morcegos empregan os ocos dos tellados para comer; os raposos visitan as hortas e aliméntanse do tirado no lixo; e outras como os [[esquíos]], os [[mapaches]] ou as [[Mofeta|mofetas]] vagan polas rúas. Estímase que máis de 2.000 coiotes viven adaptados aos arredores da cidade de [[Chicago]].<ref>{{cita libro | autor = Read, Nicholas | title=City Critters: Wildlife in the Urban Jungle | url=https://books.google.com/books?id=ED0O1Gj0froC | ano = 2012 | editores = Orca Book Publishers | isbn = 978-1-55469-394-8 |páxina = 2}}</ref> Un estudo sobre das vivendas das cidades no norte de Europa estimou que no [[século XX]] había 75 especies de invertebrados vivindo dentro delas, incluíndo 53 especies de escaravellos, 21 moscas, 13 bolboretas e couzas, 13 ácaros, 9 piollos, 7 abellas, 5 nespras, 5 cascudas , 5 arañas, 4 formigas e outras tantas especies. <ref>{{cita libro | autor = John G. Kelcey, John G. | título = Vertebrates and Invertebrates of European Cities:Selected Non-Avian Fauna | url = https://books.google.com/books?id=It7HCgAAQBAJ&pg=PA124 | ano = 2015 | editores = Springer | isbn = 978-1-4939-1698-6 | páxina = 124}}</ref> En climas cálidos, as termitas son pragas graves no hábitat urbano. Coñécese que 183 especies afectan a estrutura dos edificios e que 83 especies causan danos estruturais graves. <ref>{{cita libro |autor1 = Abe, Y. | autor2 = Bignell, David Edward | autor3 = Higashi, T. | título = Termites: Evolution, Sociality, Symbioses, Ecology | url = https://books.google.com/books?id=pg3oCAAAQBAJ&pg=PA437 | ano = 2014 | editores = Springer | isbn = 978-94-017-3223-9 |páxina = 437}}</ref>
 
=== Microhábitats ===
A aquelas condicións a pequena escala que precisa unha poboación ou un organismo en particular chámasenllechamásenlle microhabitat. Cada hábitat, ou macrohábitat, inclúe un gran número de microhábitats que se diferencian por variacións miúdas de exposición á luz, da humidade, da temperatura, do movemento do aire ou doutros factores. Así, os liques que medran na aba cara o norte dunha rocha ou outeiro son diferentes dos que medran na cara ao sur, ou dos que se atopan no nivel superior ou preto do chan. Os liques que medran entre as fisuras das rochas de granito ou os das superficies expostas ao vento tamén o son. Ademais, esa flora en cada microhábitat convértese nun pequeno espazo que acolle a diferentes especies da microfauna.<ref>{{cita web|url=https://www.anbg.gov.au/lichen/ecology-habitats-micro.html |título = Microhabitats | editores = Government of the Commonwealth of Australia | obra = Australian National Botanic Gardens, Centre for Australian National Biodiversity Research}}</ref>
 
Tamén hai numerosos microhabitats nas madeira, que non son iguais para os bosques de coníferas, os bosques de árbores caducifolias, nas cascas das árbores ou no moamo que cobre o solo.<ref name=Offwell>{{cita web | url = http://www.countrysideinfo.co.uk/woodland_manage/woodbio3.htm |title = Woodlands & Biodiversity | editores = Offwell Woodland & Wildlife Trust}}</ref> Canto maior sexa a diversidade estrutural da madeira, maior será o número de microhabitats que acolle. Unha variedade de especies de árbores con espécimes individuais de diferentes tamaños e idades, e unha variedade de características como regatos, diferentes alturas do chan, pistas ou outras, proporcionan diferentes condicións axeitadas para acoller a un maior diversidade biolóxica. Por exemplo, en Gran Bretaña estímase que varios tipos de madeira podre conteñen máis de 1700 especies de invertebrados.<ref name=Offwell/>
Liña 73:
A atmosfera pódese considerar un hábitat de por si: é un espazo polo que poden moverse especies aladas, como morcegos e aves, ou ser o medio de dispersión de pole, esporas ou sementes. Mesmo existen microorganismos metabolicamente activos, que se reproducen e aproveitan case toda a súa vida sendo aerotransportados. Estímase que hai centos de miles de células presentes nun só metro cúbico de aire. A comunidade microbiana aerotransportada chega a ser tan diversa como a que se atopa no solo ou noutros ambientes terrestres. Incluso a súa distribución non é uniforme no aire: a súa densidade varía en función da altitude e doutras condicións ambientais. Ata hai probas de [[fixación do nitróxeno]] nas nubes, e dúbidas do seu papel no ciclo de carbono, mediado pola actividade microbiana.<ref>{{cita publicación periódica |autor1=Womack, Ann M. | autor2=Bohannan, Brendan J.M. | autor3=Green, Jessica L. | ano = 2010 | título = Biodiversity and biogeography of the atmosphere | xornal = Philosophical Transactions of the Royal Society B |volume=365 | edición = 1558 |páxinas = 3645–3653 |doi=10.1098/rstb.2010.0283}}</ref>
 
Hai outros tantos exemplos de hábitats extremos onde existen formas de vida especialmente adaptadas. Van desde pozos de petróleo que conteñen organismos microbianos;<ref>{{cita libro | título = Petroleum fly |encyclopedia=Grzimek's Animal Life Encyclopedia |edición =2º | ano =2004 |volume = Volume 3: Insects |isbn=0-7876-5779-4 | editores =The Gale Group |páxina=367}}</ref> [[Augas termais|fontes termais]] a temperaturas de 71 °C nas que habitan [[cianobacteria]]s formando [[tapete microbiano|tapetes]]<ref>{{cita publicación periódica |autor1 = McGregor, G.B. |autor2=Rasmussen, J.P. |ano=2008 |título =Cyanobacterial composition of microbial mats from an Australian thermal spring: a polyphasic evaluation | xornal =FEMS Microbial Ecology |volume=63 |edición=1 |páxinas =23–35 |pmid=18081588 |doi=10.1111/j.1574-6941.2007.00405.x}}</ref>, fosas oceánicas de augas frías, con afloramentos de sulfuro de hidróxeno e metanos, e nos que viven desde bacterias a mexillóns asociados en simbiose cos organismos anaeróbicos;<ref>{{cita web| url=http://oceanexplorer.noaa.gov/explorations/10lophelia/logs/oct18/oct18.html | título = Gas-powered Circle of Life: Succession in a Deep-sea Ecosystem |autor = Hsing, Pen-Yuan |data = 18/10/2010 | obra =Lophelia II 2010 | editores =NOAA}}</ref> salinas con especies tolerantes ao sal como ''Wallemia ichthyophaga'', un [[Fungo (bioloxía)|fungo]] [[Basidiomicetos|basidiomiceto]];<ref name=Gostincar>{{Cita publicación periódica | apelidos1 = Gostincar | nome1 = C. | apelidos2 = Grube | nome2 = M. | apelidos3 = De Hoog | nome3 = S. | apelidos4 = Zalar | nome4 = P. | apelidos5 = Gunde-Cimerman | nome5 = N. | título = Extremotolerance in fungi: Evolution on the edge | doi = 10.1111/j.1574-6941.2009.00794.x | xornal = FEMS Microbiology Ecology | volume = 71 | edición = 1 | páxinas = 2–11 | ano = 2010 | pmid = 19878320}}</ref> capas de xeo da Antártida nas que habitan fungos de ''Thelebolus'' spp.<ref name=Gostincar/>; ou mesmo campos de neve nos que medran [[Fitoplancto|microalgas]].<ref>{{cita web | url = http://www-es.s.chiba-u.ac.jp/~takeuchi/snowalgae_ak.html | título = Snow algae on Alaskan glaciers | autor = Takeuchi, Nozomu | ano = 2014}}</ref>
 
==Véxase tamén==