Vigo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 293:
[[Ficheiro:Vigo en 1877.jpg|esquerda|miniatura|350px|Vigo en [[1877]]. A finais do [[século XIX|s. XIX]] a vila tiña uns 15.000 habitantes.]]
 
A comezos do [[século XIX]] Vigo foi, como moitos outros lugares de España, ocupado polo exército de [[Napoleón]]. Un [[reconquista de Vigo|levantamento popular]] encabezado polos militares [[Pablo Morillo]] e [[Bernardo González del Valle|Bernardo González “Cachamuíña”]] expulsou ao exército francés. A segunda metade do século foi un período de continuo crecemento da cidade, e un considerable aumento da súa industria. A finais do século, a cidade contaba con 15.000 habitantes.
 
O [[século XX]] caracterizouse pola engalaxe económica. Instaláronse novas industrias, melloraron as comunicacións, creáronse plans de ancheamento da cidade etc. No primeiro terzo de século o seu porto encheuse de milleiros de galegos que embarcaban cara ás [[América]]s. Tamén foi salientable a actividade social e cultural: xornais, asociacións políticas, sindicatos... Toda unha actividade neutralizada polo comezo da [[guerra civil española]] ([[1936]]–[[1939]]). Entre as vítimas pódese citar o alcalde [[Emilio Martínez Garrido]], fusilado o [[26 de agosto]] de [[1936]].