Diferenzas entre revisións de «Tecido muscular»

ligazón
(suxeción - suxeición https://wikidog.xunta.gal/index.php/Glosario_de_expresi%C3%B3ns_e_termos)
(ligazón)
Os miocitos do músculo liso son células fusiformes cun único núcleo central. Dispóñense formando túnicas con células intimamente pegadas. Histoloxicamente seméllase ao [[tecido conxuntivo]], porén, ao microscopio o tecido muscular presenta máis densidade nuclear e unha maior coloración. Os núcleos son ovalados de extremos redondeados. Os fibroblastos do tecido conxuntivo teñen extremos puntiagudos.
 
As tincións máis idóneas para este tipo de tecido son tricrómicos coma o Azán (tinxe vermello o músculo e azul o coláxeno) ou o Van Gieson (músculo amarelo). Mediante [[inmunohistoquímica]] márcase o músculo con actina, mentres que o tecido conxuntivo circundante márcase con coláxeno IV e laminina.
 
A distribución dos miocitos depende da localización. Existen febras musculares illadas nas vilosidades intestinais ou na [[próstata]]. Na maioría das localizacións áchanse agrupacións de febras. Estas agrupacións, á súa vez poden formar túnicas musculares (intestino, tecido vascular... onde as febras se dispoñen de xeito perpendicular) ou pequenos músculos individuais (músculos erectores do pelo).
187.986

edicións