Etnocentrismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
Castelao (conversa | contribucións)
m til
Liña 1:
O '''etnocentrismo''' é unha actitude ou doutrina de carácter [[Relativismo|relativista]] que considera a propia [[cultura]] como modelo ou criterio absoluto desde o que comprender e xulgar outras culturas e sociedades. Esta actitude dáse debido a que se cre que o grupo étnico ou a cultura dun mesmo son superiores ás dos demais. Os individuos xulgan os outros grupos normalmente pola linguaxe, os costumes, os comportamentos, a relixión e as crenzas consciente ou inconscientemente. Todas estas diferenzas marcan a [[identidade cultural]].
 
O etnocentrismo designa a tendencia que temos os seres humanos de tomar sempre como centro de referencia o propio país, pobo ou raza rexeitando así aos que son distintos nese aspecto. Ademais, este é realmente prexudicial para todos nós porque provoca discriminación e fai que os demais comportamentos ou actitudes se consideren como estrañas, erróneas ou mesmo salvaxes. Debido a isto, pode chegar a dificultar a comunicación respectuosa entre as persoas de diferentes civilizacións ou crenzas, asiasí como impedir a aprendizaxe de certos temas ou cousas alleos ás crenzas propias.
 
== Aparición do etnocentrismo ==