Meliso de Samos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Traxectoria: Arranxos varios + cda
poño modelo Biografía
 
Liña 1:
{{Biografía}}
'''Meliso de [[Samos]]''', nado contra o ano [[-470|470 a.C.]], foi un [[estadista]] e comandante naval que contribuíu tamén á filosofía e exerceu certa influencia sobre o atomismo de [[Leucipo]] e [[Demócrito]].
 
Liña 4 ⟶ 5:
Meliso comandou unha frota de Samos que derrotou aos [[Atenas|atenienses]] en [[-441]] - [[-440]] aínda que [[Pericles]] obtivo finalmente a vitoria. Foi discípulo de [[Parménides]], cuxas ideas filosóficas estendeu.
 
Os seus traballos, fragmentos dos cales foron preservados por [[Simplicio de Cilicia|Simplicio]] e atribuídos a Meliso por [[Aristóteles]] están dedicados á defensa da doutrina de Parménides. Están escritos en [[dialecto xónico|xónico]] e consisten en longas series de argumentos. O ser, segundo el, é infinito, non ten principio nin final e non pode xurdir do non-ser. Non pode ser destruído porque é imposible para o ser converterse en non-ser e se pasa a ser outro ser non hai destrución.
 
Consérvanse algúns fragmentos do seu poema «Sobre o Ser» ou «Sobre a Natureza». [[Aristóteles]] cualifícao de rústico e obtuso por confundir o ser co mundo material. Mantén o concepto eleático da unidade, a eternidade, a homoxeneidade, a uniformidade e a inmobilidade do ser. Pero modifica o concepto de ser limitado e redondo como unha esfera, afirmando a súa infinidade. O ser (mundo) é infinito, sen principio nin fin; estas ideas influirán máis tarde en [[Spinoza]] para demostrar o [[monismo]] da substancia. Meliso mestura tamén ideas xónicas ([[Anaximandro]], [[Anaxímenes]]) coas da [[Escola eleática]].