Festina lente: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Soleil222 (conversa | contribucións)
→‎Trama: Cambiei "desputa" por "disputa". Wikipedia:Revisor ortográfico/Listaxe.
Liña 43:
A novela narra a vida de Ambrosio Cavaleiro desde que o entrega o seu pai como aprendiz do encadernador Ubaldo Luaces, ata que falece. No camiño, herda o obradoiro de Luaces, dedícase a perseguir textos raros e libros valiosos baixo un [[pseudónimo]] e ten relacións sexuais e amorosas cun paxe do deán da catedral, que o levan a enfrontarse á [[Inquisición]]. Pero ao mesmo tempo a novela segue a historia dun [[códice]], gravado cun sinal de tres serpes que teñen forma de pegada de [[lavanco]], que é co que comeza e remata a novela.
 
O códice pertence a unha confraría de canteiros, e dúas faccións desa confraría andan na súa desputadisputa. Unha delas, da que coñecemos a Gaspar de Arce, consegue o códice en Lugo, pero logo é asasinado o portador en Noia. Alí o atopa Gaspar de Arce, que o conserva toda a vida, se ben o deixa gardado no obradoiro de encadernación de Ubaldo Luaces, primeiro, e logo no de Ambrosio Cavaleiro. A outra facción, formada polos arquitectos portugueses Mateu Lopes, Francisco González Araúxo e o seu irmán Bieito González Araúxo, tentarán recuperar o códice en van, deixando varias mortes ao seu paso, entre elas a do propio Gaspar de Arce.
 
O códice queda no obradoiro de Ambrosio, que llo entrega nos seus últimos anos a un impresor compostelán, neto de canteiros, que emigra a América. No último capítulo, un indíxena centroamericano atopa o códice nun cadáver e marcha correndo con el. O documento está escrito no [[verbo dos arxinas]].