Rabal, Oímbra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Xeografía: ligazón
Liña 15:
 
== Xeografía ==
Rabal é un [[exclave]] de Oímbra. Está rodeado por [[Verín]] ao norte e leste, e por Portugal ao oeste e sur.
Máis da metade da superficie total de Rabal está situada a unha altitude que non supera os 400 m. O seu término é traspasado integramente de norte a sur polo [[río Támega]], que nace nas proximidades da [[Serra de San Mamede]]. Os montes que rodean a aldea de Rabal son O Penedo (386 m), Outeiro do Terrón (405 m) e Outeiro da Cruz (469 m).
 
Durante o [[Precámbrico]] a superficie do lugar formaba parte do fondo dos mares, o que deu lugar á composición de rochas como [[lousa]]s e cuarcitas que se viron afectadas, ó final do [[Paleozoico]], pola intrusión de [[granito]]s hercinianos. No [[Secundario]], a erosión, converteu todo este relevo en solo chan, e durante o pregamento alpino prodúcese a deformación do chan mediante fracturas e flexións. O relevo resultante viuse afectado posteriormente pola erosión continua a que se viu sometida durante miles de anos, como amosan os depósitos fluviais que alberga e dan lugar ás augas mineiro medicinais.
 
A temperatura media anual é de 12 °C, pero a amplitude térmica é de 13 °C, o que lle dá un matiz [[continental]]{{cómpre referencia}}. As precipitacións non son moi abundantes; sobre todo se fanfanse máis presentes cara a finais de [[outono]] e principios de [[inverno]].
 
== Festas ==