Diferenzas entre revisións de «Karlstad»

sen resumo de edición
Sem resumo de edição
A Karlstad concedeulle o título de cidade o duque Carlos o [[5 de marzo]] de [[1584]], o cal posteriormente sería coroado como o rei [[Carlos IX de Suecia]]. O nome da cidade deriva do rei (Karlstad significa literalmente "cidade de Carlos"). O duque tamén lle garantiu a Karlstad o dereito a ter a sede do goberno da rexión, e concedeulle unha considerable cantidade de terra.
[[Imaxe:Sola i Karlstad 2.jpg|miniatura|left|200px|Sola i Karlstad]]
O duque construíu a súa propia casa na cidade, coñecida como ''Kungsgården'' (a fincaleira do rei). A catedral de Karlstad construiríase no lugar da ''Kungsgården'' entre [[1724]] e [[1730]].
 
O [[golpe de estado]] máis significativo na historia moderna de Suecia tivo a súa orixe en Karlstad. Durante a noite do [[7 de marzo]] de [[1809]], o tenente coronel Georg Adlersparre usou parte do exército occidental que estaba en Värmland para ocupar Karlstad. Dende alí proclamou oficialmente unha revolución, e durante o [[9 de marzo]] el e os seus soldados comezaron a súa exitosa marcha cara a capital para rematar co reinado do rei [[Gustavo IV Adolfo de Suecia]].
343.554

edicións