Honda na Fórmula 1: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Fendetestas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Fendetestas (conversa | contribucións)
Liña 93:
Honda regresou unha vez máis no [[tempada de Fórmula Uno 2000|2000]], fornecendo motores para [[British American Racing|BAR]]. Tamén forneceron motores a [[Jordan Grand Prix|Jordan]] en {{f1|2001}} e {{f1|2002}}. Isto levaría a unha batalla polo dereito a utilizar os motores Honda no longo prazo. En {{f1|2003}}, malia mellorar os resultados das dúas tempadas anteriores, Honda abandonou Jordan. A mediados de novembro de 2004 Honda comprou o 45% do equipo BAR a [[British American Tobacco]] (BAT, o fundador e propietario de BAR) logrando a mellor tempada de BAR, cando foron capaces de lograr o segundo lugar na tempada {{F1|2004}}, un ano dominado por [[Michael Schumacher]] e [[Scuderia Ferrari|Ferrari]].
 
=== McLaren ({{f1|2015}} - {{f1|2017}}) ===
Honda volveu á Fórmula Un como fornecedor de motores en 2015, revivindo a súa relación con [[McLaren]] o seu socio nos anos oitenta.<ref>{{Cita web |url=http://www.foxsports.com.au/motor-sports/formula-one/honda-confirms-they-will-return-to-f1-in-2015-to-supply-engines-to-mclaren/story-e6frf3zl-1226644944351 |title=Honda confirms they will return to F1 in 2015 to supply engines to McLaren |publisher=FOX Sports |date=17 de maio de 2013 |accessdate=17 de maio de 2013}}</ref> Con todo, o motor demostrou ser significativamente menos potente e ineficiente. O dobre campión do mundo [[Fernando Alonso]] describiu o motor de Honda como "desconcertante" e comparouno cun "motor GP2".<ref>{{Cita web|url=http://www.espn.co.uk/f1/story/_/id/13751402/mclaren-fernando-alonso-fumes-honda-gp2-engine-suzuka|title=Embarrassed Alonso fumes at Honda's 'GP2 engine'|work=espn.co.uk|accessdate=2 2 de abril de 2017}}</ref> Ademais, era tan pouco fiable que o equipo foi sancionado cunha penalización récord de 105 puntos no [[Gran Premio de Bélxica de 2015]].<ref>{{Cita novas|url=http://www.bbc.co.uk/sport/formula1/34008319|title=McLaren given 105-place grid penalty|first=Andrew|last=Benson|work=[[BBC Sport]]|publisher=BBC|date=22 de agosto de 2015|accessdate=4 de outubro de 2015}}</ref> En Bélxica, o xefe de motores, Yasuhisa Arai, afirmou que o motor era 25&nbsp;hp máis potente que o de Renault, e a par co Ferrari. Con todo, apenas unha carreira máis adiante en Monza, Arai admitiu que o motor de Honda tiña de feito 180&nbsp;hp menos que o Renault. Con todo, Arai negouse a desculparse polo mal funcionamento do motor.<ref>{{Cita novas|url=http://www.bbc.co.uk/sport/live/formula1/32543096|title=How the Italian GP unfolded|first=Gary|last=Rose|work=[[BBC Sport]]|publisher=BBC|date=6 de setembro de 2015|accessdate=4 de outubro de 2015}}</ref> Arai foi substituído como xefe do programa de Fórmula Un de Honda por Yusuke Hasegawa o 1 de marzo de 2016. Durante a tempada 2016 Hasegawa admitiu que o mal rendemento do motor Honda significaba que "só a sorte daranos un podio este ano" e "na nosa situación actual, non hai moitos equipos que queran o noso motor".<ref>{{Cita web|url=http://www.planetf1.com/news/honda-only-luck-will-put-mclaren-on-the-podium/|title=Honda: Only luck will put McLaren on the podium|date=27 de xuño de 016|work=planetf1.com|accessdate=28 de xuño de 2016}}</ref> En 2016 preguntóuselle a Hasegawa cando o motor Honda sería tan competitivo como os motores de segunda fila de Ferrari e Renault, ao que Hasegawa admitiu "talvez o próximo ano", dous anos máis tarde que cando Arai afirmara que o motor de Honda era máis potente.<ref>{{Cita web|url=http://www.autosport.com/news/report.php/id/126087|title=Honda has separate team working on 2017 F1 engine|first=Ben Anderson and Lawrence|last=Barretto|work=autosport.com|accessdate=10 de marzo de 2017}}</ref>