Diferenzas entre revisións de «Hábitat»

Tradución do artigo en inglés, na en.wikipedia.org
m (→‎top: Arranxos varios)
(Tradución do artigo en inglés, na en.wikipedia.org)
{{en uso}}
{{Outros homónimos|Hábitat (homónimos)}}
[[Ficheiro:Rotjan - Enderbury Day 1 - 2nd half (62).JPG|miniatura|Este [[arrecife de coral]] na [[Área protexida das illas Phoenix|Espazo protexido das illas Phoenix]] é un hábitat rico para a vida mariña.]]
 
'''Hábitat''' (do [[latín]], "el habita") é un concepto usado en [[ecoloxía]] que inclúe o espazo físico e os demais [[factores abióticos]] que condicionan un [[ecosistema]] e desa forma determinan a distribución das poboacións das [[especie]]s. O concepto de hábitat é en xeral usado en referencia a unha ou máis especies no sentido de establecer os lugares e as condicións ambientais onde o establecemento de [[poboación]]s deses organismos é viable (por exemplo, o hábitat da [[troita]] son os cursos de auga ben osixenados e con baixa salinidade das zonas temperadas).
En [[ecoloxía]], un '''hábitat''' é o lugar ou o tipo de lugares onde vive unha especie de organismo particular ou onde a súa poboación aparece de xeito natural.<ref name="CBD1992">{{Cita publicación periódica | título = Convention on Biological Diversity | data = 1992 | título = Convention on Biological Diversity | editores = Secretaría da Convención sobre da Diversidade Biolóxica, [[Nacións Unidas]]| lugar = Montreal, Canada | url = https://www.cbd.int/doc/legal/cbd-en.pdf}}</ref><ref name="linnea1997">{{Cita publicación periódica | autores = Hall, Linnea S., et al. | título = The Habitat Concept and a Plea for Standard Terminology | xornal = Wildlife Society Bulletin (1973-2006) | volume = 25 | número = 1 | ano = 1997 | páxinas = 173–182 | editores = Wiley, Wildlife Society | url = http://www.jstor.org/stable/3783301 | doi = 10.2307/3783301 | issn = 00917648}}</ref> Pódese entender que é tamén o ambiente e o conxunto de condicións de ese ambiente que permiten a especie esté presente alí.<ref name="Bamford2014">{{cita publicación periódica | autor1 = Michael Bamford | autor2 = Michael Calver | título = A precise definition of habitat is needed for effective conservation and communication | xornal = Australian Zoologist | volume = 37 | número = 2 | páxinas = 245-247 | ano = 2014 | doi = 10.7882/AZ.2014.015 | URL =https://doi.org/10.7882/AZ.2014.015}}</ref>
 
Un hábitat está caracterizado por características tanto físicas como biolóxicas. Para unha especie os seus hábitats son aqueles onde poden atopar os seus alimentos, un lugar onde acollerse ou medrar, protección para a súa supervivencia ou un lugar onde propagarse ou reproducirse, como é atopando parella. Os factores físicos que determinan un hábitat poden ser algúns como o tipo de solos ou augas, a humidade do ambiente, o abano de temperaturas dese espazo ou a intensidade de luz. Pola outra banda, os factores biolóxicos son aqueles como a dispoñibilidade de nutrientes ou alimentos, ou a presenza ou ausencia de depredadores. Cada especie e cada organismo teñen certas necesidades e precisan duns ou doutros hábitats para poder prosperar. Algunhas especies son tolerantes a grandes variacións na presenza desas variables fisicas ou biolóxicas, namenstres que outras especies están especialidas e precisan dunhas condicións específicas para persistir.
 
Un hábitat non é necesariamente unha área xeográfica: pode ser o interior dun toro que pudre, o interior dunha rocha ou no musgo dun monte, o corpo ou un tracto dixestico dun hóspede para aqueles organismos parásitos o corpo do seu hóspede etc. Os grandes tipos de hábitat terrestres van desde condicións de rexións polares, a temperadas, subtropicais e tropicais. O tipo de vexetación terrestre pode ser bosque, estepas, prados, semiárido ou desértico. Os hábitats das augas fresca inclúen a [[marisma]]s, [[río|regatos]], [[río]]s, [[ría]]s, [[lago]]s e lagoas; e os hábitats mariños inclúen a [[marisma]]s, [[costa]], as [[zona intermareal|zonas intermareais]], [[arrecife]]s, [[ría]]s e [[baía]]s, o mar aberto, os [[bentos|leitos mariños]], as augas profundas e as augas submariñas.
 
Os hábitats mudan co paso do tempo, tanto por cambios estacionais como por outras causas que os fan mudar definitivamente. Nese último caso poden deberse a evento violentos como erupción de volcáns, a terremotos, a tsunamis, a incendios forestais, a cambios nas correntes oceánicas ou a morte dos hóspedes. Os outros cambios poden ser estacionais ou ser máis gradual, que fan mudar os hábitats. Esa mudanza pódese dar ao longo de milenios por alteracións no clima, xa que os xeos e os glaciares avanzan e retroceden, e por patróns climáticos diferentes que implican cambios das precipitación e da radiación solar. Outros cambios nos hábitats son resultado directo das actividades humanas, como o son a desforestación, o arado de pastos ou agricultura intensiva, os cambios nos caudais dos ríos e rías, a drenaxe das marismas, o dragado do litoral ou dos fondos do mar. A introdución de especies exóticas pode ter un efecto devastador na fauna e flora nativa; por implicar unha maior depredación, maior competencia polos recursos ou porque supoñan a introdución de pragas e enfermidades ás que as especies nativas non teñen inmunidade.
 
Un dos maiores problema nas conservacións dos [[ambiente]]s e da [[biodiversidade]] é a [[Destrución do hábitat|fragmentación dos hábitats]].<ref name="GaoYu2017">{{Cita publicación periódica |autor1 = Gao, Yu | autor2 = Ma, Lei | autor3 = Liu, Jiaxun | autor4 = Zhuang, Zhuzhou | autor5 = Huang, Qiuhao | autor6 = Li, Manchun | título = Constructing Ecological Networks Based on Habitat Quality Assessment: A Case Study of Changzhou, China | xornal = Scientific Reports | volume = 7 | número = 46073 | ano = 2017 | doi = 10.1038/srep46073 | url = https://www.nature.com/articles/srep46073}}</ref> Ademais, ante a degradacións dos hábitats non todas as especies responden igual xa que algunhas dependen doutras nos ecosistemas, como é o caso da dispersión de vexetación en bosques ligada aos desprazamentos de animais.<ref name="Montoya2008">{{Cita publicación periódica | autor1 = Montoya, Daniel | título = Habitat loss, dispersal, and the probability of extinction of tree species | ano = 2008 | páxinas = 146-147 | volume = 1 | número = 2 | pmc = 2686003 | url = http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pmc/articles/PMC2686003/ | xornal = Communicative & Integrative Biology}}</ref>
 
==Definición==
Hábitat provén do verbo latino ''habitāre'' en terceira persoa singular do presente, ou de ''habitatio'', e refírese a "vivir" ou a "morar".<ref name="Zsogon">{{Cita libro | título = Vocabulario ambiental práctico : jurídico, técnico, etimológico : con ejercicios y ejemplos prácticos | autores = Silvia Jaquenod De Zsogon | páxinas = 384 | data = 2007 | editores = Dykinson, S.L. | isbn = 8498491096}}</ref> As primeiras definicións de hábitat fixéronas os naturalistas cando cuestionaron porqué as especies están presentes nalgúns lugares e noutros non.
 
Unha das definicións de hábitat argumenta que é o conxunto de recursos e condicións ambientais, tanto bióticas como abióticas, que determinan se a poboación dunha especie pode ter alí presenza, sobreviva ou se chegue a reproducir. Isto é, o conxunto de condicións que permiten que unha especie viva nalgunha das súas fases do seu ciclo vital. Porén, outro tipo de definición para hábitats argumenta que é son cada unha das diferentes comunidades que existen cunha fisioloxía de vexetación común. Iso incluiría dentro dun mesmo hábitat a ás mása vexetais ou outras entidades que existirán sempre no espazo aínda que a fauna as aproveite dun xeito ou outro. Esta definción é similar ao concepto de biotopo.<ref name="Gaillard2010">{{Cita publicación periódica | autores = Gaillard, J.-M., Hebblewhite, M., Loison, A., Fuller, M., Powell, R., Basille, M., & Van Moorter, B. | ano = 2010 | título = Habitat–performance relationships: finding the right metric at a given spatial scale | xornal = Philosophical Transactions of the Royal Society B: Biological Sciences | volume = 365 | número = 1550 | páxinas = 2255–2265 | doi = 10.1098/rstb.2010.0085}}</ref> Algunha revisión resalta que cabe achegar as dúas posturas e definir os hábitats considerando tanto o aproveitamento dos recursos que as especies fan como dos cambios no espazo e no tempo que se producen. Isto é, considerar os recursos que unha especie aproveita e consideralos como algo que cambia ao longo do espazo e do tempo.<ref name="Dennis2006">{{Cita publicación periódica | autores = Dennis, R.L.H., Shreeve, T.G. & Van Dyck, H. | título = Habitats and Resources: The Need for a Resource-based Definition to Conserve Butterflies | xornal = Biodiversity Conservation | ano = 2006 | volume = 15 | número = 1943 | doi = 10.1007/s10531-005-4314-3 | url = https://link.springer.com/article/10.1007/s10531-005-4314-3}}</ref>
 
A directiva europea para a conservación de hábitats e fauna e flora salvaxe emprega a primeira definición, no que se consideran que a un hábitat o definen as condicións que permiten a presenza das especies de interese.<ref name="UE_CD9243EEC">{{Cita web | título = Council Directive 92/43/EEC of 21 May 1992 on the conservation of natural habitats and of wild fauna and flora | data = 22/07/1992 | páxinas = 0007 - 0050 | url = http://eur-lex.europa.eu/LexUriServ/LexUriServ.do?uri=CELEX:31992L0043:EN:HTML}}</ref> Outras convencións internacionais como a Convención para Diversidade Biolóxica e a Convención de Especies Migratorias empregan un concepto de hábitat máis xenérico, xa que a entenden tan só como aquelas áreas que lle dan ás especies de interese de conservación, ou similar, un lugar axeitado para elas ocupar e sobrevivir.
 
== Factores ambientais ==
Os principais factores ambientais que afectan á distribución de organismos vivos son a temperatura, a humidade, o clima, o tipo de solo e a intensidade da luz, así como a presenza doutros elementos limitantes que o organismo necesita para sobrevivir. Como norma xeral, as comunidades dun sistema trófico superior, como os animais, dependen das comunidades dos sistemas tróficos anteriores, como as masas vexetais.<ref name=Everyman>{{cita libro | título = Everyman's Encyclopedia | volume = 4 | ano = 1967 | editores =J.M. Dent | asin=B0015GRC04 | páxina =581 }}</ref>
 
Algunhas plantas e animais son xeneralistas e os seus requisitos de hábitat cúmprense nun amplo número de lugares. Como exemplo, a pequena bolboreta branca ''Pieris rapae'' atópase en todos os continentes agás na [[Antártida]]. As súas larvas aliméntanse dunha ampla variedade de ''Brassicas'' e outras especies vexetais, e prosperan en calquera lugar aberto con diversas asociacións vexetais. Outras, como a gran bolboreta azul son moito máis específicas e teñen uns requisitos máis específicos. Atópase só en áreas nun tipo concreto de pastos, e alí as súas larvas aliméntanse de especies de ''Thymus''. Ademais, por complexos requisitos do seu ciclo vital só habita en lugares onde vivan as formigas ''Myrmica''.<ref name=Spitzer>{{Cita publicación periódica | autor1 = Spitzer, L.| autor2 = Benes, J.| autor3 = Dandova, J. | autor4 = Jaskova, V. | autor5 = Konvicka, M. | título = The Large Blue butterfly ("Phengaris [Maculinea] arion"), as a conservation umbrella on a landscape scale: The case of the Czech Carpathians | xornal = Ecological Indicators |ano = 2009 | volume = 9 | páxinas =1056–1063 | doi=10.1016/j.ecolind.2008.12.006}}</ref>
 
As perturbacións nos ecosistemas son importantes para a creación de hábitats cunha alta diversidade. Coa falta de perturbación, a sucesión da comunidade avanza e chega a unha estabilidade onde un grupo de especies domina, como poden ser de vexetación de crecemento lento. Porén, as perturbacións constantes favorecen a entrada de especies e os cambios nas especies que dominan a comunidade. As especies pioneiras poden ocupar hábitats desocupados, como espazos desocupados despois dun incendio, e posteriormente habitalas outras especies na sucesión.<ref name=Sutherland>{{cita libro | autor1 = Sutherland, William J. | autor2 = Hill, David A. | título = Managing Habitats for Conservation | url = https://books.google.com/books?id=FcRZodbd9oQC&pg=PA6 | ano = 1995 | editores = Cambridge University Press | isbn = 978-0-521-44776-8 | páxinas = 6}}</ref><ref>{{cita libro | autor = Richard J. Huggett | título = Fundamentals of Biogeography | url = https://books.google.com/books?id=ZR68HCMmPjoC&pg=PA146 | year = 2004 | publisher=Psychology Press | isbn = 978-0-415-32347-5 | page = 146}}</ref> Do mesmo xeito, nos hábitats costeiros poden chegar a estar dominados por algas mariñas ata acontezan tormentas ou outros procesos que arrastren o sedimento que no están, e estas se vexan reemprazadas por outras especies.
 
== Tipos ==
=== Terrestres ===
[[Ficheiro:Epiphytes (Dominica).jpg|miniatura|dereita|Hábitats dunha rica selva da illa de [[Dominica]]]]
Os hábitats terrestres inclúen a [[bosque]]s, [[pasto]]s, [[zona húmida|zonas húmidas]] e [[deserto]]s. Dentro destes amplos [[bioma]]s hai hábitats con condicións máis específicas: con diferentes tipos de clima, réximes de temperatura, solos, altitude ou tipos de vexetación. Moitos destes hábitats continúan uns cos outros, namentres que cada un ten as súas propias típicas comunidades de vida. Un hábitat pode prestarlle ben a unha especie en particular, mais a súa presenza ou ausencia nalgúns deses lugares é un proceso estocástico ou que depende das capacidades de dispersión e eficiencia de colonización das especies.<ref name="Breed">{{cita libro|autor1=Breed, Michael D.|autor2=Moore, Janice|título = Animal Behavior | url=https://books.google.com/books?id=lGe6UzHNcp8C&pg=PT248 |ano = 2011| editores = Academic Press | isbn=978-0-08-091992-8 | páxina = 248}}</ref>
 
=== Augas doces ===
[[Ficheiro:Danau Sentarum 2006.jpg|miniatura|esquerda|Zonzas húmidas de [[Borneo]]]]
Os hábitats de auga doce inclúen aos [[río]]s, regatos, [[lago]]s, lagoas, [[pantano]]s e manglares. Aínda que algúns organismos se atopan na maioría destes hábitats, case todas as especies teñen requisitos específicos dalgúns deses hábitats. A velocidade da auga, a temperatura ou saturación de osíxeno son factores clave. Nos sistemas fluviais hai ademais seccións onde o fluxo da auga é rápidas ou lentas; onde se forman pozas ou estancamentos, ou bolsas de augas paralelas, que proporcionan un abano amplo de hábitats. Do mesmo xeito, as plantas acuáticas poden flotar, estar mergulladas en parte ou no seu total, ou medrar en solos saturados de auga de xeito permanente ou temporal. As plantas marxinais proporcionan un hábitat importante para os invertebrados e os vertebrados, e as plantas mergulladas proporcionan oxixenación na auga, absorben nutrientes e desempeñan un papel na redución da contaminación.<ref name="Cook">{{cita libro | autor1 = Cook, C.D.K. | autor2 = Gut, B.J. | autor3 = Rix, E.M. | autor4 = Schneller, J. | título = Water Plants of the World: A Manual for the Identification of the Genera of Freshwater Macrophytes | url=https://books.google.com/books?id=uRFTK3T4WTUC&pg=PR7 | ano = 1974 | editores = Springer Science & Business Media | isbn = 978-90-6193-024-2 |páxina = 7}}</ref>
 
=== Mariños ===
[[Ficheiro:Callyspongia sp. (Tube sponge).jpg|miniatura|esquerda|Peixes arredor de espoxas nun [[arrecife de coral]].]]
Os hábitats mariños inclúen as masas de auga salobre, os [[estuario]]s, as [[ría]]s, as [[baía]]s, a zona intermareal, o mar aberto, o [[bentos|leito mariño]], os [[arrecife]]s e as zonas de augas profundas.<ref name=BBCNature>{{cita web | título = Habitats | url =http://www.bbc.co.uk/nature/habitats | páxina-web = BBC Nature |accessdate=}}</ref> Outras variacións inclúen [[pozas intermareais]], [[pradeiras mariñas]]<!---seegrass beds---> [[baixío]]s, [[chairas de mareas]]<!---mudflats--->, [[auga salobre|lagoas salobres]], praias de area fina ou cantos ou leitos mariños, e nos que todos existen un ampla diversidade. A zona bentónica ou o leito mariño proporciona un fogar tanto para os organismos estáticos, que viven ancorados ao substrato, como para unha gran variedade de organismos que se arrastran ou se pegan á superficie. Algunhas especies, viven flotando entre as ondas da superficie da auga, ou entre os restos flotantes na superficie do mar, outros nadan a diferentes rangos de profundidades, incluíndo a organismos da zona demersal xa preto do fondo mariño, e moitas especies que derivan coas correntes oceánicas e que forman o [[plancto]].<ref name="Roff">{{cita libro | autor = Roff, John | título = Marine Conservation Ecology | url = https://books.google.com/books?id=HSLGGARRtfYC&pg=PA105 | ano = 2013 | editores = Routledge | isbn=978-1-136-53838-4 | páxina = 105}}</ref>
 
=== Desertos e rexións con secas ===
[[Ficheiro:Marsa Alam R18.jpg|miniatura|esquerda|Deserto de [[Exipto]].]]
Os desertos non son un tipo de hábitat que favoreza a presenza de grupos como os anfibios, porque estes precisan de auga para manter as súas peles húmidas e para criar as súas larvas. Con todo, algunhas ras adaptáronse e viven en desertos xa que crean hábitats húmidos subterráneos e hibernan cando as condicións son adversas. O sapo ''Scaphiopus couchii'' sae da súa madrigueira cando se produce un choiva e pon os ovos nas pozas que se forman. Os cágados medran rápido, ás veces en tan só nove días, e sofren unha metamorfose.<ref>{{cita web | url = http://www.desertmuseum.org/books/nhsd_spadefoot.php | título = Couch’s spadefoot (''Scaphiopus couchi'') | editores = Arizona–Sonora Desert Museum }}</ref>
 
Outros organismos afrontan a seca dos seus hábitats acuosos doutros xeitos. Hai pozas que son efímeras e que só se forman nunha época de choivas ao longo do ano. A súa flora é característica e está especialmente adaptada a elas. Está formada principalmente por especies anuais cuxas sementes sobreviven á seca, pero tamén por especies perennes que se adaptaron dun xeito único. <ref>{{cita libro |título = Ecology, Conservation, and Management of Vernal Pool Ecosystems | autor = Witham, Carol W. | ano = 1998 | editores = California Native Plant Society | isbn = 978-0-943460-37-6 | páxina = 1 }}</ref> Os animais tamén se adaptaron a estes hábitats extremos. Algunhas especies de camaróns depositan "ovos de inverno", que son resistentes á desecación e que ás veces se estenden co po e que se desprazan a novas pozas do chan. Estas especies sobreviven en estados latentes de ata quince anos.<ref>{{cita web | url = http://www.vernalpool.org/inf_fs.htm | título = Fairy shrimp | autor = Green, Scott | editores = The Vernal Pool Association | deadurl = yes | archiveurl = https://web.archive.org/web/20160423074123/http://www.vernalpool.org/inf_fs.htm | archivedate = 23/04/2016 |df= }}</ref> Algunhas especies de peixes de [[Ciprinodontiformes]], que viven en auga doce, compórtanse dunha forma similar. Os seus ovos rompen axiña e os xuvenís axiña medran alí, sempre que as condicións sexan boas. Porén, cando as pozas se secan os ovos desas poboacións entran nunha diapausa e resisten durante máis tempo. <ref>{{cita web |título =The most extreme fish on Earth |autor=Walker, Matt | url=http://www.bbc.co.uk/earth/story/20150519-the-most-extreme-fish-on-earth | páxina-web = BBC Earth |data = 21/05/2015}}</ref>
 
=== Urbes ===
Moitos animais e plantas coexisten coa xente nos ambientes urbanos. Tenden a ser especies xeralistas, que se adaptan axiña e que empregan lugares das casas e edificios para residir. As ratas e os ratos seguiron ao home ao redor do globo; as pombas, os peregrinos, os gorrións ou as as andoriñas usan os edificios para aniñar; os morcegos empregan os ocos dos tellados para comer; os raposos visitan as hortas e aliméntanse do tirado no lixo; e outras como os esquíos, os mapaches ou as mofetas vagan polas rúas. Estímase que máis de 2.000 coiotes viven adaptados aos arredores da cidade de Chicago.<ref>{{cita libro | autor = Read, Nicholas | title=City Critters: Wildlife in the Urban Jungle | url=https://books.google.com/books?id=ED0O1Gj0froC | ano = 2012 | editores = Orca Book Publishers | isbn = 978-1-55469-394-8 |páxina = 2}}</ref> Un estudo sobre das vivendas das cidades no norte de Europa estimou que no século XX había 75 especies de invertebrados vivindo dentro delas, incluíndo 53 especies de escaravellos, 21 moscas, 13 bolboretas e couzas, 13 ácaros, 9 piollos, 7 abellas, 5 nespras, 5 cascudas , 5 arañas, 4 formigas e outras tantas especies. <ref>{{cita libro | autor = John G. Kelcey, John G. | título = Vertebrates and Invertebrates of European Cities:Selected Non-Avian Fauna | url = https://books.google.com/books?id=It7HCgAAQBAJ&pg=PA124 | ano = 2015 | editores = Springer | isbn = 978-1-4939-1698-6 | páxina = 124}}</ref> En climas cálidos, as termitas son pragas graves no hábitat urbano. Coñécese que 183 especies afectan a estrutura dos edificios e que 83 especies causan danos estruturais graves. <ref>{{cita libro |autor1 = Abe, Y. | autor2 = Bignell, David Edward | autor3 = Higashi, T. | título = Termites: Evolution, Sociality, Symbioses, Ecology | url = https://books.google.com/books?id=pg3oCAAAQBAJ&pg=PA437 | ano = 2014 | editores = Springer | isbn = 978-94-017-3223-9 |páxina = 437}}</ref>
 
==Véxase tamén==
* [[Biótopo]]
* [[Nicho ecolóxico]]
* [[Conservación de hábitats]]
* [[Fragmentación do hábitat]]
* [[Destrución do hábitat]]
 
==Notas==
{{Listaref|33em}}
 
{{Control de autoridades}}
{{Bioloxía en progreso}}
 
[[Categoría:Ecoloxía]]
4.061

edicións