Faramir: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Chabi (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Chabi (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
 
Admiraba ao seu irmán (estaban moi unidos) e ansiaba o amor do seu pai, que sentía pouco amor por el e prefería ao seu irmán, o cal case lévao á morte na [[Guerra do Anel]]. Foi enviado polo seu pai a defender o posto de [[Osgiliath]], o cal resultou case suicida. Regresou moribundo a [[Minas Tirith]], habendo sido atacado polos [[Nazgûl]].
 
 
Denethor de súpeto sente remorsos por haberlle escatimado o seu agarimo ao seu único fillo vivo (pois Boromir morrera pouco antes) e desesperación pola aparente caída do seu reino, e decide inmolarse xunto ao seu fillo, a quen cre morto.
 
[[Peregrin Tuk|Pippin]], arrepiado, avisa a [[Gandalf]], quen chega a tempo para salvar a '''Faramir''', aínda que non a Denethor. Posteriormente é levado ás [[Minas Tirith#As Casas de Curación|Casas de Curación]] e curado por Aragorn con axuda de [[athelas]].
 
Cando Aragorn subiu ao trono de Gondor, recoñeceu en '''Faramir''' a un gran mandatario, leal e xusto. Ademais de ratificalo como Senescal do Reino e Capitán de Gondor, concedeulle o título de Príncipe de [[Ithilien]].
 
Durante a súa estancia nas Casas de Curación, coñeceu a [[Éowyn]], Señora de [[Rohan]] e irmá de [[Eomer]], Rei dos Rohirrim e entre eles floreceu o verdadeiro amor. Terminada a [[Guerra do Anel]], casou con ela e xuntos tiveron un fillo chamado Elboron. Finalmente residiron en [[Emyn Arnen]].
 
[[Peregrin Tuk|Pippin]], por agarimo e admiración ao Senescal de Gondor, chama Faramir ao primeiro fillo que ten xunto á súa esposa Diamante de Quebra Longa, o cal logo casaría con Rizos de Ouro, filla de [[Sam Gamyi]] e [[Rosita Coto]].
 
Faramir comparte co propio Tolkien e con Christopher, o fillo menor deste, un soño recorrente de temática [[atlántida]]. No soño unha gran onda arrasa e afunde baixo a auga un país, que no mundo de Tolkien será [[Númenor]], patria orixinaria dos [[Dúnedain]].
 
O personaxe de Faramir é interpretado na saga de [[Peter Jackson]] polo actor [[David Wenham]], na trama cinematográfica non manexan o carácter do personaxe da mesma forma que no libro, pono como un mais dos que sucumbe á ambición de poder que irradia o [[Anel Único]], e non como o mostrou Tolkien no libro onde é un dos que logra resistirse ao poder do anel.
 
[[Categoría:Personaxes do Señor dos Aneis]]
 
[[bs:Faramir]]
[[ca:Fàramir]]
[[cs:Faramir]]
[[dá:Faramir]]
[[en:Faramir]]
[[fi:Faramir]]
[[fr:Faramir]]
[[it:Faramir]]
[[nl:Faramir]]
[[non:Faramir]]
[[pl:Faramir]]
[[pt:Faramir]]
[[sl:Faramir]]
[[sv:Faramir]]
[[tr:Faramir]]