José Luis Bugallal Marchesi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Soleil222 (conversa | contribucións)
→‎Traxectoria: Cambiei "Dereito" por "dereito". [DRAG: "Licenciouse en dereito".]
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Naceu no seo dunha familia de xornalistas. O seu bisavó fora [[Isidoro Araújo de Lira]], xornalista galegocubano de [[Bouzas, Vigo|Bouzas]], e o seu pai o tamén xornalista [[Isidoro Bugallal]]. Estudou o [[bacharelato]] en [[Alemaña]] e licenciouse en [[Dereito|dereito]] pola [[Universidade de Santiago de Compostela]]<ref>[http://www.farodevigo.es/opinion/3147/coloso-rande/172040.html El coloso de Rande],{{ligazón morta}} por [[José Manuel Ponte]], ''[[Faro de Vigo]]'', 18/10/2007</ref>. Como xornalista, colaborou con medios locais, como ''[[El Noroeste (1896)|El Noroeste]]'', ''[[El Orzán]]'' e ''[[Marineda]]'', e tamén no ''[[ABC (xornal)|ABC]]'' e na ''[[Hoja del Lunes]]'' de [[Madrid]], pero o seu xornal principal, onde desenvolveu case toda a súa carreira, foi ''[[El Ideal Gallego]]''. Dedicouse sobre todo ao xornalismo deportivo.
[[Ficheiro:Cemiterio de Santo Amaro - Bugallal Marchesi.jpg|miniatura|Tumba no [[cemiterio de Santo Amaro da Coruña]].]]
En [[1951]] ingresou na [[Real Academia Galega]] a proposta de [[Manuel Casás]], [[Francisco Vales Villamarín]] e [[Ángel del Castillo López]]. Tamén foi membro da [[Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario]] e correspondente da [[Real Academia de Belas Artes de San Fernando]].