Real Academia Galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m Ana Romaní elixida membro da RAG
elimino "artigo en"
Liña 37:
En 2006 foi galardoada co Premio Fernández Latorre<ref>[http://www.fundacionsantiagoreyfernandezlatorre.com/premios/ano2006.shtml Premio Fernández Latorre, Año 2006 - 48ª edición] {{es}}</ref>.
 
En maio de 2009, en vésperas do [[Día das Letras Galegas]], a Academia publicou un manifesto en prol da lingua galega, para facer fronte á campaña de desprestixio orquestrada por unha parte dos grupos políticos<ref>[http://www.anosaterra.org/nova/quen-e-o-autor-do-informe-da-faes.html "Quen é o autor do informe da FAES?"], artigo de H. Vixande n’''[[A Nosa Terra (1977)|A Nosa Terra]]'', 26 de abril de 2009.</ref> e unha minoría social con escaso apoio en Galiza mais con medios importantes<ref>[http://www.elcorreogallego.es/index_2.php?idMenu=86&idNoticia=181354 "Un cómic contra o galego copia unha campaña homófoba dos Estados Unidos"], artigo en ''[[El Correo Gallego]]'', 26 de xuño de 2007.</ref> no [[Estado español]]<ref>[http://www.elmundo.es/elmundo/2008/06/24/espana/1214271917.html "Masivo apoyo de los lectores de EL MUNDO al manifiesto por el castellano"], artigo en ''[[El Mundo]]'', 24 de xuño de 2008 {{es}}.</ref>. Neste manifesto reivindicou a necesidade dun uso simétrico do bilingüismo<ref>[http://elprogreso.galiciae.com/nova/31110.html "A RAG critica á Xunta de Feijóo por desprotexer o galego"], artigo en ''[[El Progreso (xornal)|El Progreso]]'', 12 de maio de 2009.</ref> e mais unha presenza digna do galego en ámbitos nos que ten dificultades para se facer un oco, como a Xustiza ou o ensino. O 16 de xaneiro de 2010 a Academia emitiu un informe negativo das ''Bases para o decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia''<ref>[http://www.realacademiagalega.org/PlainRAG/notices/files/Analise_BASES_RAG.pdf Análise da Real Academia Galega das Bases para o decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia], 16 de xaneiro de 2010.</ref>, coas que o [[PPdeG]] pretendía derrogar o decreto aprobado polo anterior goberno (formado polo [[PSdeG]] e [[BNG]]). O informe aprobouse por unanimidade e aclamación<ref>[http://www.galiciae.com/nova/46645.html "Inmersión lingüística é o que me fixeron a min ao educarme en castelán!"], entrevista de Beti Vázquez a Méndez Ferrín en ''Galiciaé'', 22 de xaneiro de 2010.</ref>.
 
=== A Real Academia Galega durante o franquismo ===