Eduardo Blanco Amor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 64:
Amais da literatura, practicou a [[fotografía]] de xeito afeccionado, cunha cámara [[Voigtländer]]. As súas imaxes, máis de 3.000, permanecen sen clasificar no arquivo da biblioteca da Deputación de Ourense. En 2004 [[Editorial Galaxia]] publicou o libro ''A ollada do desexo. Obra fotográfica 1933-1973'', unha escolma representativa con edición e limiar de [[Carlos Lema]] e cun [[epílogo]] de [[Margarita Ledo]]. Inclúe [[autorretrato]]s, imaxes de viaxes por lugares como [[Marrocos]], [[París]] ou [[Nápoles]], e fotografías de persoeiros como [[García Lorca]], [[Castelao]], [[Otero Pedrayo]], [[Luís Seoane]] ou [[Indalecio Prieto]].
 
Finou en [[Vigo]], dunha [[trombose]], o [[1 de decembro]] de [[1979]], no taxi que o levaba cara oao hospital.<ref>[http://elpais.com/diario/1980/12/28/cultura/346806001_850215.html ''"Los miedos de Blanco Amor''"], de [[Luís Marañón]]. ''[[El País]]'' {{Es}}.</ref> Foi soterrado na cidade que o viu nacer no [[cemiterio]] de San Francisco de Ourense]].
 
Finou sen dar lectura ao discurso de ingreso que, segundo consta na documentación da [[RAG]], levaría por título: "A esperencia literaria". Considérase igualmente académico numerario.