Martin Heidegger: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
Maria zaos (conversa | contribucións)
retiro {{Títulos}}, en galego só os dous (de tres) que xa figuraban
Liña 1:
 
{{Títulos}}
{{Filósofo
| rexión = [[Alemaña]]
Liña 52:
Heidegger, do mesmo xeito que moitos pensadores do seu tempo, cría que a cultura occidental estaba atravesando por unha época de decadencia. Ó mesmo tempo, tamén pensa que o pobo alemán ten unha misión histórica similar á do pobo grego nos albores da nosa civilización: foi o encargado no seu día de imprimir o rumbo espiritual a [[Europa]] e, por extensión, a todo [[occidente]]. No momento presente, en cambio, teríase chegado a unha etapa de absoluta desorientación e depresión cultural. Ante esta situación, Europa necesitaría reorientar o seu camiño espiritual. Do mesmo xeito que na [[Grecia clásica]] a filosofía tentou exercer de guía [[moral]] e [[política]], tamén agora a institución depositaria do saber, a [[Universidade]] alemá, tería que asumir as rendas do destino de occidente. Deste xeito, Heidegger quere reflexionar sobre o inicio de occidente para descubrir aí unha posibilidade de superación da decadencia e revivir unha nova era na que [[Alemaña]] sexa o novo director (''Führer'') da cultura occidental.
 
Con este sentir mental e ideolóxico asume en [[1933]] o reitorado da Universidade de Friburgo e pronuncia o célebre discurso ''[[''Die Selbstbehauptung der deutschen Universität'', en galego A autoafirmación da Universidade alemá]]''. Ó inicio desta conferencia afirma que “os propios dirixentes son sempre dirixidos pola inflexible misión espiritual que obriga ó destino do pobo alemán a tomar a impronta da súa historia”. Esta e outras afirmacións relativas ás “forzas da raza e da terra” como garantía de grandeza espiritual para o pobo alemán, confírenlle a esta conferencia certos vernices ideolóxicos nazis. Mais Heidegger, como apunta Ramón Rodríguez, non se ve a si mesmo como un servidor do ''Führer'' ([[Hitler]]), senón máis ben como a encarnación dun auténtico e renovado espírito alemán e, en consecuencia, como modelo, conselleiro e guía do ''Führer'', algo así como Platón cos tiranos de Siracusa. En certo sentido, Heidegger pensaba que a súa autoridade intelectual conferíalle lexitimidade para exercer de guía moral e político, non só da Alemaña, senón de todo occidente. O nacionalsocialismo sería visto por Heidegger como un movemento social renovador do que el se podería servir na realización dos seus propósitos.
 
Poucos meses despois de aceptar o reitorado, Heidegger presentou a súa dimisión ante as autoridades nazis por “diverxencias insuperables entre a concepción
Liña 60:
 
== Repercusións ==
O pensamento heideggeriano tivo enormes consecuencias no panoráma filosófico contemporáneo. Ademais das xa mencionadas, cabe sinalar tamén a teoloxía existencial de [[Rudolf Bultman]], a [[hermenéutica]] filosófica de [[Hans-Georg Gadamer]], certas inclinacións antifundacionalistas e antihumanistas posmodernas, o "deconstructivismodeconstrutivismo" de [[Jacques Derrida|Derrrida]] e o intento de fusión, por parte de [[Richard Rorty|Rorty]], entre a tradición [[pragmatismo|pragmatista]] americana e a actitude antifilosófica e poética de Heidegger.
 
A filosofía heideggeriana tamén foi obxecto de duras críticas. Destaca o violento ataque de [[Rudolf Carnap|Carnap]], quen tacha o seu pensamento de metafísica sen sentido, ademais de atentar contra as regras gramaticais máis elementais da linguaxe. Entre os seus discípulos tamén son de suliñar as discrepancias filosóficas de [[Karl Löwith]]. Este abandona o concepto heideggeriano de "mundo" entendido no sentido de próximidade existencial, é dicir, trátase sempre dun mundo-para-nosoutros. Para Löwith o mundo, é dicir, a [[natureza]] física e orgánica, é anterior ó estar-humano-no-mundo e, polo tanto, pensable sen este. Tamén o fenómeno da morte é un evento natural que acontece no fenómeno natural da [[vida]]. Heidegger, en consecuencia, teríase esquencido da [[natureza humana]] produto, á súa vez, da propia natureza.
Liña 74:
* ''[[Was ist Metaphysik?]]'' (1929).
* ''[[Hölderlin und das Wesen der Dichtung]]''. (1937)
* ''[[Da esencia da verdade]]'' (''WomVom Wesen der Wahrheit'', 1943; tradución ó galego por [[Ramón Piñeiro]] e [[Celestino Fernández de la Vega]] 1952-1956).
* ''[[Über den Humanismus]]'' (1947).
* ''[[A Cousa]]'' (''Das Ding'', 1950; tradución ao galego de [[Almudena Otero]] e [[Ramón Palao]]).
Liña 84:
* ''[[Die Technik und die Kehre]]'' (1962).
 
Actualmente aA editorial xermana ''Vittorio Klostermann'' estáseguía a publicar progresivamenteen 2018 a obra completa (''Gesamtausgabe'') de Heidegger progresivamente, incluíndo material non publicado: cursos universitarios, seminarios, conferencias etc.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
<references/>
 
== Véxase tamén ==