Diferenzas entre revisións de «Milagros López Blanco»

Filla de Francisco López, fiel contraste na [[provincia de Pontevedra]], e Liduvina Blanco, e irmá de [[Celso López Blanco]]. Viviu un tempo en [[Valladolid]].
 
Ingresou no [[IES Sánchez Cantón|Instituto de Pontevedra]] en 1916<ref>''[[La Correspondencia Gallega]]'', 20-9- de setembro de 1916, p. 3.</ref> e despois estudou na [[Escola Normal de Pontevedra]], onde obtivo o título de mestra en 1926.<ref>''[[El Progreso (1907)|El Progreso]]'', 28-5- de maio de 1926, p. 2.</ref> Foi mestra en [[Ribadelouro, Tui|Ribadelouro]] ([[Tui]]) e [[Santo Estevo de Budiño, Salceda de Caselas|Budiño]] ([[Salceda de Caselas]]) dende 1934. Era socia da Casa del Maestro. Co [[golpe de Estado do 18 de xullo de 1936]] foi sancionada con suspensión de emprego e soldo o 1 de setembro de 1936. Revisado o seu expediente en decembro, foi sancionada con seis meses de suspensión de emprego e medio soldo.<ref>''[[El Pueblo Gallego]]'', 13-12- de decembro de 1936, p. 11.</ref> En 1937 foi nomeada mestra interina da graduada de [[Ponte Caldelas]].<ref>''[[El Noticiero Gallego (1896)|El Noticiero Gallego]]'', 4-4- de abril 1937, p. 3.</ref> En 1938 volveu á escola de Budiño. En 1941 foi destinada á escola de [[Ribeira, Crecente|Ribeira]] ([[Crecente]]).<ref>''El Noticiero Gallego'', 25-7- de xullo de 1941, p. 2.</ref> Tamén deu clase en [[Cutián, San Xurxo de Sacos, Cerdedo-Cotobade|Cutián]] ([[San Xurxo de Sacos, Cerdedo-Cotobade|San Xurxo de Sacos]]), [[Seixo, Marín|Seixo]], [[Cuspedriños, San Xurxo de Sacos, Cerdedo-Cotobade|Cuspedriños]], o seu último destino.
 
== Vida persoal ==