Diferenzas entre revisións de «Gordiano III»

Engadiuse ficheiro de imaxe.
m (→‎O seu reinado: Arranxos varios)
(Engadiuse ficheiro de imaxe.)
{{Sen referencias|data=febreiro de 2017}}
[[Ficheiro:Bust Gordianus III Louvre Ma1063.jpg|miniatura|dereita|Busto de Gordiano III]]
 
'''Marcus Antonius Gordianus''', fillo de Antonia Gordiana, filla de [[Gordiano I]] e irmá de [[Gordiano II]], naceu no 225, e foi nomeado [[emperador]] polos [[pretoriano]]s á idade de 13 anos.
 
Coa morte de [[Maximino Tracio]] a mans das súas tropas, despois da morte de [[Gordiano I]] e [[Gordiano II]], os senadores [[Pupieno]] e [[Balbino]] quedaron nomeados como co-emperadores, pero non eran aceptados polo pobo de [[Roma]], e despois de só noventa días, e logo de que lles impuxeran o nomeamento de Gordiano III como césar, foron asasinados polos pretorianos, que nomearon a Gordiano III como emperador, en parte debido ás presións do pobo romano que aínda conservaba a lembranza das virtudes do seu avó e tío.
 
[[Ficheiro:Gordian III Antoninianus.jpg|miniatura|esquerda|Gordiano III no anverso dunha [[Moeda da Antiga Roma|moeda da súa época]] ([[antoniniano]])]]
A elección dun rexente era moi importante pra o inicio do seu reinado, e esa elección recaeu en [[Aquila Timesiteo]], que fora gobernador do imperio en diversas provincias, onde deu proba do seu carácter íntegro e notábel capacidade. A súa entrada no pazo deu coma primeira medida o afastamento de tódolos [[eunuco]]s que herdara do seu tío, moi propios das rexións orientais, pero nunca ben aceptados en Roma. Unha vez completada esta expulsión, Gordiano III tomou por esposa a filla do seu rexente, [[Sabinia Tranquilinia]], e nomeou o seu sogro prefecto do pretorio.
 
26.389

edicións