Treboniano Galo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Poño modelo Biografía
Moedagalega (conversa | contribucións)
Engadiuse imaxe.
Liña 43:
 
== A súa elección ==
 
Treboniano Galo foi un leal seguidor do Emperador [[Decio]], a pesar de que á morte deste, algúns historiadores acúsano de levar as tropas do emperador a unha emboscada a unha zona pantanosa, onde morreu el e o seu fillo, pero o certo é que pola súa conduta con respecto ao fillo do emperador parece que non é doado manter esa acusación.
 
[[Ficheiro:TREBONIANUS GALLUS-RIC IV 70-1930231.jpg|miniatura|esquerda|'''Treboniano Galo''' no anverso dunha [[Moeda da Antiga Roma|moeda da súa época]] ([[antoniniano]])]]
A morte do emperador [[Decio]], levou as tropas a elixilo como o candidato a púrpura. Aceptando, tratou de conseguir a paz dun xeito ignominioso para as armas romanas, xa que aceptou que os [[godos]] quedasen con todo o botín, incluíndo os cativos da [[guerra]], se se retiraban das terras e aceptou tamén o pago dunha cantidade de [[ouro]] cada ano. Este tratado non o fixo moi popular entre o pobo romano nin diante das tropas e abriu as portas para novas invasións bárbaras.