Emiliano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Poño modelo Biografía
Moedagalega (conversa | contribucións)
Axustes de ligazón interna. Substituíuse unha imaxe reiterativa por outra que achega máis información.
Liña 4:
|imaxe =
|imaxe_tamaño =
|descrición = Emiliano nunha [[moeda da Antiga Roma|moeda da súa época]] ([[antoniniano]])
|nome_completo =
|nome_nacemento =
Liña 40:
|notas =
}}
[[Ficheiro:Antoninianus Aemilianus-RIC 0015.jpg|miniatura|Emiliano]]
'''Emiliano''' foi emperador só tres meses durante o ano [[253]]. Naceu na illa de [[Xerba]], na daquela provincia [[Mauritania]] (actual [[Tunisia]]). Pouco se sabe da súa vida. Foi cónsul e gobernador de [[Panonia]] e [[Moesia]]. Estivo casado con [[Gaia Cornelia Supera]] e non se sabe moito máis da súa vida persoal.
 
== A súa suba ao trono ==
[[Ficheiro:Antoninianus-Cornelia Supra-RIC 0030.jpg|miniatura|esquerda|[[Antoniniano]] co busto de Cornelia Supra, esposa de Emiliano]]
 
A paz vergoñenta que acordara cos [[godos]] o emperador [[Treboniano Galo]] non sentou nada ben no seo do exército. O rei [[Gniva]], quen naquel intre mandaba sobre os dous grupos dos godos, [[ostrogodos]] e [[visigodos]], tentou de que lle subisen a súa contribución en [[ouro]], esixindo ao gobernador de Moesia o seu pago. Emiliano, alporizado por esta esixencia, polo pago do tributo e a paz acadada polo emperador, alentou ao seu exercito a loitar contra Gniva. Invadiu o seu territorio e dáo vencido, volvendo os godos mais aló do Danubio. Os propios soldados, ao se veren ceibes da humillación á que o tratado de Galo os sometera, nomearon emperador a Emiliano.