Caracalla: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Moedagalega (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 13:
 
=== Crise ===
[[Ficheiro:Caracalla Antoninianus 218 824365.jpg|miniatura|esquerda|[[Moeda da Antiga Roma|Moeda romana]] dun [[antoniniano]], introducida pola reforma de Caracalla]]
A [[crise ecónomica]] agudizouse, aínda que non era un problema novo posto que se viña arrastrando dende tempos de Marco Aurelio. Aínda con todo pódese culpar a Caracalla de non lle facer fronte á crise. Introduciu unha moeda "branda", o [[antoniniano]], que representaba as ideas ecónomicas daquel tempo. O exército medrou un 50% no seu gasto, o que serviu para recompoñelo e axeitalo ás novas condicións económicas. Outra das medidas ecónomicas foi a ampliación, no [[212]], da cidadanía romana ao imperio, actuación que se adoptou máis como decisión de política fiscal que con senso social, xa que a recadación dos impostos se facía dun xeito universal e máis xusto dentro do imperio. A idea de [[Septimio Severo]] de se apoiar no exército e de facer del unha nova clase media, xunguida á sociedade e non separada como deica entón, non fixo máis ca agravar a crise ecónomica, aínda que non lle supuxo ningún tipo de oposición.