Illas Malvinas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
m arranxiños
Liña 92:
[[Ficheiro:Port-Saint-Louis.jpg|miniatura|Representación de Port Saint Louis ou Puerto Soledad por [[Antoine-Joseph Pernety|Dom Pernety]], 1769.]]
 
Despois diso, o arquipélago foi visitado apenas por navíos de pesca; o seu status político era indiscutíbel até 1820, cando o coronel [[David Jewett]], un [[corsario]] [[Estados Unidos de América|estadounidense]] que traballaba para as [[Provincias Unidas do Río da Prata]], informou que os navíos ancorados en [[Buenos Aires]] en 1816 eran unha reivindicación dos territorios españois no Atlántico Sur.<ref>Véxase:
*{{harvnb|Gibran|1998|p = 27}},
*{{harvnb|Marley|2008|p = 714}}.</ref><ref>Segundo o analista legal arxentino Roberto Laver, o Reino Unido ignorou as accións de Jewett porque o goberno que el representaba "non era recoñecido nin por Gran Bretaña nin por calquera outro poder estranxeiro na época" e "ningún acto de ocupación seguiu após a reivindicación de pose".</ref>{{sfn|Laver|2001|p=73}} Unha vez que as illas non tiñan habitantes permanentes, en 1823 Buenos Aires concedeu ó comerciante [[Luis Vernet]], nado en [[Alemaña]], o permiso para realizar actividades de pesca e exploración de [[gando]] salvaxe no arquipélago.<ref>Antes de saír das Malvinas, Vernet selou a súa subención no Consulado Británico, repetindo iso cando Buenos Aires estendeu a súa concesión en 1828.</ref>{{sfn|Cawkell|2001|pp=48–50}} A relación cordial entre o consulado e Vernet levouno a expresar "o desexo de que, no caso de os británicos retornaren para as illas, o [[Reino Unido|Goberno do Reino Unido]] protexese a súa propiedade".{{sfn|Cawkell|2001|p=50}} Vernet asentouse nas ruínas de ''Puerto Soledad'' en 1826 e acumulou recursos nas illas até que fose seguro traer colonos e formar unha colonia permanente.<ref>Véxase:
*{{harvnb|Gibran|1998|pp=27–28}},
*{{harvnb|Sicker|2002|p = 32}}.</ref> [[Buenos Aires]] pasou a considerar Vernet o comandante militar e civil das illas en 1829{{sfn|Pascoe|Pepper|2008|pp=540–546}} e el tentou regulamentar a pesca para parar as actividades de [[baleeiro]]s e [[Caza de focas|cazadores de focas]] estranxeiros.{{sfn|Gibran|1998|p = 27}} As actividades de Vernet duraron até unha disputa sobre os dereitos de pesca e caza que levou a unha incursión do navío de guerra estadounidense [[USS Lexington (1825)|USS ''Lexington'']] en 1831,{{sfn|Pascoe|Pepper|2008|pp = 541–544}}<ref>Os rexistros do ''Lexington'' só relatan a destrución de armas e unha loxa, mais Vernet fai un pedido de indemnización para o [[Estados Unidos de América|Goberno dos Estados Unidos]] declarando que todo o poboado foi destruído.</ref>{{sfn|Pascoe|Pepper|2008|pp=541–544}} cando [[Silas Duncan]], o entón comandante da [[Mariña dos Estados Unidos]], tomou o asentamento de Puerto Soledad.{{sfn|Peterson|1964|p = 106}}
[[Ficheiro:Edward_Gennys_Fanshawe,_Mount_William,_Falkland_Islands,_May_1849_(Portion_B).png|miniatura|Representación da paisaxe das Malvinas, en 1849; pintura do almirante Edward Fanshawe, da [[Mariña Real Británica]].]]
[[Ficheiro:Falkland-Islands-Company.JPG|thumb|Predio histórico da "[[Falkland Islands Company]]" en Stanley.]]
 
Buenos Aires tentou manter influencia sobre o asentamento a través da instalación dunha gornición, mais un motín en 1832 foi seguido no ano seguinte pola chegada de forzas británicas que reafirmaron o dominio do [[Reino Unido]].{{sfn|Graham-Yooll|2002|p = 50}} A [[Confederación Arxentina]] (entón liderada polo gobernador de Buenos Aires, [[Juan Manuel de Rosas]]) protestou contra as accións británicas{{sfn|Reginald|Elliot|1983|pp = 25–26}}<ref>Como discutido por Roberto Laver, non só Rosas rompeu relacións con Gran Bretaña por por da natureza "esencial" do "apoio económico británico", como tamén ofreceu as Malvinas "como unha moeda de cambio ... en troques do cancelamento da débeda da Arxentina de millóns de libras co banco británico ''[[Baring Brothers]]''".</ref>{{sfn|Laver|2001|pp=122–123}}<ref>En 1850, o goberno de Rosas ratificou o [[Tratado Arana–Southern]], o que colocou "un fim ás diferenzas e restabeleceu relacións perfectas de amizade existentes" entre o Reino Unido e a Arxentina.</ref>{{sfn|Hertslet|1851|p=105}} e os gobernos arxentinos continuaron dende entón a rexistrar protestas oficiais contra o Reino Unido.{{sfn|Gustafson|1988|pp = 34–35}}<ref>A Arxentina protestou en 1841, 1849, 1884, 1888, 1908, 1927 e 1933, e fai protestas anuais nas [[Nacións Unidas]] dende 1946.</ref>{{sfn|Gustafson|1988|p=34}} As tropas británicas partiron despois de completar a súa misión, deixando a área como "unha especie de terra de ninguén".{{sfn|Graham-Yooll|2002|pp=51–52}} O vice de Vernet, o escocés [[Matthew Brisbane]], volveu ás illas aquel ano para restaurar o asentamento, mais os seus esforzos remataron despois que, en medio de tumultos en Port Louis, o gaucho [[Antonio Rivero]] incitou un grupo de "descontentos" a asasinar a Brisbane e os líderes do asentamento; os sobreviventes escondéronse nunha caverna nunha illa achegada até que os británicos volveron e restauraron a orde.{{sfn|Graham-Yooll|2002|pp=51–52}} En 1840, as Malvinas convertéronse nunha colonia da coroa e colonos [[pobo escocés|escoceses]] posteriormente estabeleceron unha comunidade pastoral oficial.{{sfn|Aldrich|Connell|1998|p = 201}} Catro anos máis tarde, case todos foron realoxados en Port Jackson, considerado un lugar mellor para a sede do goberno, en canto o comerciante [[Samuel Lafone]] comezou unha iniciativa para incentivar a colonización británica.<ref>Véxase:
*{{harvnb|Bernhardson|2011|loc = Stanley and Vicinity: History}},
*{{harvnb|Reginald|Elliot|1983|pp = 9, 27}}.</ref>
 
Port Jackson logo foi renomeada como [[Stanley, Malvinas|Stanley]] e converteuse oficialmente na sede do goberno local en 1845.{{sfn|Reginald|Elliot|1983|p = 9}} No comezo da súa historia, Stanley tiña unha reputación negativa por mor de perdas de carga e de transporte; só en emerxencias os navíos cruzaban o [[cabo de Fornos]] para parar no porto da vila.{{sfn|Bernhardson|2011|loc = Stanley and Vicinity: History}} Porén, a localización xeográfica das Malvinas provou ser ideal para reparar navíos e para o "Wrecking Trade", a compra e venda de navíos naufragados e das súas cargas.{{sfn|Strange|1987|pp =72–74}} Alén deste comercio, o interese comercial no arquipélago era mínimo por mor das peles de baixo valor dos [[bovinos]] salvaxes que había nos pasteiros das illas. O crecemento económico comezou soamente após que "Falkland Islands Company", que mercara a empresa arruinada de Lafone en 1851,<ref>Había tensións continuas coa administración colonial sobre o fracaso de Lafone de estabelecer colonos permanentes e sobre o prezo da carne fornecida para o asentamento. Alén diso, malia que a súa concesión esixise que Lafone trouxese colonos provenientes do Reino Unido, a maioría dos colonos que trouxo eran gauchos do [[Uruguai]].</ref>{{sfn|Strange|1987|p =84}} introduciu con éxito [[ovella]]s cheviot para a produción de la, estimulando a outras facendas a seguir o seu exemplo.<ref name="Bernhardson 2011 loc = Stanley and Vicinity: History">Véxase:
*{{harvnb|Bernhardson|2011|loc = Stanley and Vicinity: History}},
*{{harvnb|Reginald|Elliot|1983|p = 9}}.</ref> O alto custo de materiais importados, combinado coa falta de traballo e os consecuentes altos salarios, significaba que o comercio de reparación naval no arquipélago era pouco competitivo. Despois de 1870, o comercio de reparación naval esmoreceu coa substituición de navíos de vela por [[barco de vapor|navíos de vapor]], que foi acelerado polo baixo custo do [[carbón]] en [[América do Sur]]; en 1914, coa abertura da [[Canle de Panamá]], o comercio acabou completamente.{{sfn|Strange|1987|pp =72–73}} En 1881, as Malvinas volvéronse financeiramente independentes do Reino Unido.{{sfn|Reginald|Elliot|1983|p = 9}} Por máis dun século, a "[[Falkland Islands Company]]" dominou o comercio e o emprego no arquipélago; alén diso, posuía a maior parte das vivendas de Stanley, que se beneficiaba do comercio de la co Reino Unido.<ref name="Bernhardson 2011 loc = Stanley and Vicinity: History"/>
Liña 116:
As tensións latentes entre o Reino Unido e a Arxentina aumentaron durante a segunda metade do século XX, cando o presidente arxentino [[Juan Perón]] afirmou a soberanía arxentina sobre o arquipélago.{{sfn|Zepeda|2005|p = 102}} A disputa intensificouse durante a década de 1960, pouco despois de que as [[Nacións Unidas]] aprobasen unha resolución sobre a [[descolonización]], o que a Arxentina interpretou como favorábel á súa posición.{{sfn|Laver|2001|p = 125}} En 1965, a [[Asemblea Xeral das Nacións Unidas]] aprobou a [[Resolución 2065 da Asemblea Xeral das Nacións Unidas|Resolución 2065]], apelando que ámbolos dous países conducisen negociacións bilaterais para chegar a unha solución pacífica sobre a disputa.{{sfn|Laver|2001|p = 125}} De 1966 até 1968, o Reino Unido discutiu de forma confidencial coa Arxentina sobre a transferencia das Malvinas, sempre que a súa decisión fose aceptada polos habitantes.{{sfn|Thomas|1991|p = 24}} Un acordo foi alcanzado sobre os lazos comerciais entre o arquipélago e o continente en 1971 e, consecuentemente, a Arxentina construíu unha pista de aterraxe en Stanley en 1972.{{sfn|Reginald|Elliot|1983|p = 9}} Porén, as negociacións de soberanía, unha disidencia malvineira, como expresa o seu forte ''[[lobby]]'' no [[Parlamento do Reino Unido]], e tensións entre o Reino Unido e a Arxentina limitaron efectivamente as negociacións até o ano 1977.{{sfn|Thomas|1991|pp = 24–27}}
 
PreocupadaPreocupado coascos reservasgastos de manutención das illas nunha época de cortes orzamentais, o Reino Unido novamente considerou a transferencia da soberanía para a Arxentina no inicio do goberno de [[Margaret Thatcher]].<ref name="Guardian">{{cita novas | url=http://www.theguardian.com/uk/2005/jun/28/falklands.past |título=UK held secret talks to cede sovereignty: ''Minister met junta envoy in Switzerland, official war history reveals'' |xornal=The Guardian |data=28 de xuño de 2005 |dataacceso=12 de xuño de 2014 |nome1 =Richard |apelido1 = Norton-Taylor |nome2 = Rob |apelido2 = Evans }}</ref> Novas conversas substanciais sobre a soberanía do arquipélago remataron en 1981 e a disputa aumentou co pasar do tempo.{{sfn|Thomas|1991|pp = 28–31}}
 
En abril de 1982, o desacordo tornouse un [[Guerra das Malvinas|conflito armado]], cando a [[Operación Rosario|Arxentina invadiu as Illas Malvinas]] e [[Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur|outros territorios británicos no Atlántico Sur]], ocupándoos brevemente até a chegada dunha forza expedicionaria británica, que recuperou os territorios en xuño.<ref>Véxase:
Liña 125:
En base ás recomendacións de [[Edward Shackleton]], as Malvinas diversificaron a súa economía a partir dunha [[monocultura]] baseada en ovellas para unha economía baseada no [[turismo]] e, co estabelecemento da [[Zona Económica Exclusiva]] das Malvinas, na pesca.{{sfn|Cawkell|2001|p= 147}}<ref>En 1976, Lord Shackleton fixo un relatorio sobre o futuro económico das illas; porén, as súas recomendacións non foron postas en marcha porque Inglaterra procurou evitar o enfrontamento coa Arxentina sobre a soberanía.</ref>{{sfn|Cawkell|2001|p=147}}<ref>Lord Shackleton foi novamente encargado, en 1982, de facer un relatório sobre o desenvolvemento económico das illas. O seu novo relatorio criticou as grandes empresas agrícolas e recomendou a transferencia de propiedade de facendas de propietarios ausentes ós propietarios de terras locais. Shackleton tamén suxeriu a diversificación da economía para pesca, exploración de petróleo e turismo; alén diso, recomendou a creación dunha rede de estradas e medidas de conservación para preservar os recursos naturais do lugar.</ref>{{sfn|Cawkell|2001|p= 147}} A rede viaria tamén se fixo máis extensa e a construción da base de Mount Pleasant permitiu o acceso de voos de longa distancia ó arquipélago.{{sfn|Cawkell|2001|p= 147}} A exploración de petróleo tamén comezou, con indicacións de posíbeis depósitos comercialmente explorábeis na bacía das Malvinas.<ref>{{cita novas |url=http://en.mercopress.com/2014/05/15/falklands-drilling-will-resume-in-second-quarter-of-2015-announced-premier-oil |título=Falklands Drilling Will Resume in Second Quarter of 2015, Announced Premier Oil |autor =Redacción |data=15 de maio de 2014 |xornal=MercoPress |dataacceso=29 de xuño de 2014}}</ref>
 
O traballo de eliminación das minas reiniciou en 2009,. deDe acordo coas obrigas do Reino Unido nos termos do [[Tratado de Otava]] e o [[monte Sapper]], o arquipélago foi limpado de minas en 2012, o que permitiu o acesso a un importante marcofito histórico por vez primeira en 30 anos.<ref>{{cita novas |url=http://www.telegraph.co.uk/news/picturegalleries/worldnews/9169829/The-Falkland-Islands-30-years-after-the-war-with-Argentina.html?frame=2178743 |título=The Falkland Islands, 30 Years After the War with Argentina |autor =Redacción |xornal=Daily Telegraph |dataacceso=29 de xuño de 2014}}</ref><ref>{{cita novas |url=http://en.mercopress.com/2011/12/08/falklands-land-mine-clearance-set-to-enter-a-new-expanded-phase-in-early-2012 |título=Falklands' Land Mine Clearance Set to Enter a New Expanded Phase in Early 2012 |autor =Grant Munro |data=8 de decembro de 2011 |xornal=MercoPress |dataacceso=29 de xuño de 2014}}</ref> A Arxentina e o Reino Unido restabeleceron relacións diplomáticas en 1990, mais as relacións deterioráronse porque non se chegou a ningún acordo sobre os termos de futuras discusións de soberanía.<ref>Véxase:
*{{harvnb|Lansford|2012|p = 1528}},
*{{harvnb|Zepeda|2005|pp = 102–103}}.</ref> As disputas entre os gobernos levaron a algúns analistas a prever "un crecente conflito de intereses entre a Arxentina e o Reino Unido ... por mor da recente expansión da industria da pesca nas augas que rodean as Malvinas".{{sfn|Zepeda|2005|p = 103}}
Liña 279:
{{Reftermina}}
 
=== Ligazóns externas ===
* [https://www.falklands.gov.fk/ Portal oficial do Goberno das Illas Malvinas] (''en inglés'')
* [https://www.falklandislands.com/ Portal oficial do Turismo nas Illas Malvinas]''(en inglés)''
{{América do sur}}
{{América}}