Diferenzas entre revisións de «Milagros López Blanco»

 
== Traxectoria ==
Filla de Francisco López, fiel contraste na [[provincia de Pontevedra]], e Liduvina Blanco, e irmá de [[Celso López Blanco]]. Ingresou no Instituto de Pontevedra en 1916.<ref>''[[La Correspondencia Gallega]]'', 20-9-1916, p. 3.</ref> e despois estudou na Normal de Pontevedra onde obtivo o título de mestra en 1926.<ref>''[[El Progreso (1907)|El Progreso]]'', 28-5-1926, p. 2.</ref> Foi mestra en [[Ribadelouro, Tui|Ribadelouro]] ([[Tui]]) e [[Santo Estevo de Budiño, Salceda de Caselas|Budiño]] ([[Salceda de Caselas]]) dende 1934. Era socia da Casa del Maestro. Co [[golpe de Estado do 18 de xullo de 1936]] foi sancionada con suspensión de emprego e soldo o 1 de setembro de 1936. Revisado o seu expediente en decembro, foi sancionada con seis meses de suspensión de emprego e medio soldo.<ref>''[[El Pueblo Gallego]]'', 13-12-1936, p. 11.</ref> En 1937 foi nomeada mestra interina da graduada de Ponte Caldelas.<ref>''[[El Noticiero Gallego (1896)|El Noticiero Gallego]]'', 4-4-1937, p. 3.</ref>. En 1938 volveu á escola de Budiño. En 1941 foi destinada á escola de [[Ribeira, Crecente|Ribeira]] ([[Crecente]]).<ref>''El Noticiero Gallego'', 25-7-1941, p. 2.</ref> Tamén deu clase en [[San Xurxo de Sacos, Cerdedo-Cotobade|San Xurxo de Sacos]].
 
== Vida persoal ==