Praga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
Lles (conversa | contribucións)
m Cambiei arroxados por guindados. Arroxar https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/arroxar
Liña 266:
En [[1526]],<ref name=CITY/> os [[Países Checos|estados bohemios]] elixiron como novo gobernante a [[Fernando I, Sacro Emperador Romano-Xermánico|Fernando I]] de [[Casa de Habsburgo|Habsburgo]], polo que Praga foi capital dunha provincia [[Austria|austríaca]]. O catolicismo fervente dos membros da dinastía xerou conflitos, primeiro en Bohemia e logo en Praga, onde as [[protestantismo|ideas protestantes]] ían gañando popularidade. Con todo, estes problemas non foron salientables durante o goberno do [[Emperador do Sacro Imperio Romano|emperador]] [[Rodolfo II]], nomeado [[Reino de Bohemia|Rei de Bohemia]] en [[1576]]. Rodolfo II elixiu como residencia o [[Castelo de Praga]] onde, aínda que invitou tamén a [[Astroloxía|astrólogos]] e [[Maxia|magos]], recibiu a [[ciencia|científicos]], [[música|músicos]] e [[arte|artistas]]. O emperador era tamén amante da arte, convertendo a Praga na capital da cultura europea. Este período foi de grande esplendor para a cidade, algúns dos máis famosos habitantes desa época foron os [[Astronomía|astrónomos]] [[Tycho Brahe]] e [[Johannes Kepler]], o [[pintura|pintor]] [[Giuseppe Arcimboldo|Arcimboldo]], os [[Alquimia|alquimistas]] [[Edward Kelley]] e [[John Dee]] ou a [[poesía|poetisa]] [[Elizabeth Jane Weston]], entre outros.
 
En [[1618]], a elección de [[Fernando II de Habsburgo]], [[catolicismo|católico]], como rei de Bohemia causou ira entre os nobres bohemios, de relixión protestante. Cando Fernando II enviou dous concelleiros católicos para preparar a súa chegada a Praga, estes foron secuestrados e arroxadosguindados por unha fiestra do castelo, o que se coñece como a [[Defenestracións de Praga|Segunda Defenestración de Praga]]. Estes feitos desembocaron na [[guerra dos Trinta Anos]], un período especialmente duro para Praga e [[Bohemia]] en xeral. Tralo comezo da confrontación Fernando II foi deposto, e o seu lugar como Rei de Bohemia ocupouno por [[Federico V, Elector Palatino|Federico V]], Elector Palatino. Con todo, o exército checo baixo o seu mando foi esmagado no [[Batalla da Montaña Branca]] ([[1620]]) e, en consecuencia, Fernando II regresaría ao trono. Posteriormente a cidade sufriría a guerra contra [[Saxonia]] ([[1631]]) e contra [[Suecia]] ([[1648]]), o que produciu un descenso da poboación, pasando dos 60.000 de antes da guerra a 20.000. Na segunda metade do [[século XVII]] a poboación Praga comezou a medrar de novo. Os [[xudeus]], que chegaron a Praga a finais [[século X]], supoñían en [[1708]] ao redor dun cuarto da poboación.
 
[[Ficheiro:Defenestration-prague-1618.jpg|miniatura|250px|Gravado que representa a [[Defenestracións de Praga|defenestración de Praga]] de [[1618]].]]
Liña 617:
En Praga hai dúas fontes principais de contaminación atmosférica:<ref>{{ cita web | url=http://www.praha.eu/jnp/en/life_in_prague/environment/air_quality/index.html | título = Air Quality | autor = The Yearbook Prague – The Environment 2006 (no sitio web da cidade de Praga) | lingua = inglés | dataacceso = 01-11-1012 }}</ref> a industria e o tráfico de automóbiles (que segundo o anuario de [[2005]] producen aproximádamente entre o 80 e o 90 % das emisións). O seguemento da calidade do aire é realizado polo Rexistro de Fontes de Contaminación do aire (cuxo acrónimo checo é REZZO). O rexistro REZZO establece catro categorías de fontes de contaminación atmosférica (as tres primeiras fan referencia a fontes estacionarias, sendo 1 o grao máximo, mentres que a cuarta fai referencia a fontes móbiles como automóbiles). Segundo o anuario publicado no [[2005]], así como o Informe sobre o Medio Ambiente de [[2006]], produciuse na cidade un descenso das emisións de partículas sólidas, porén o nivel de contaminación do aire (medido polo Instituto Checo Hidrometeorolóxico) ten aumentado, especialmente o [[dióxido de nitróxeno]] (NO<sub>2</sub>).
 
A avaliación da calidade da auga baséase na normativa checa.<ref>{{ cita web | url=http://www.praha.eu/jnp/en/life_in_prague/environment/water_quality/index.html | título = Water Quality | autor = Sitio web da cidade de Praga | lingua = inglés | dataacceso = 01-11-1012 }}</ref> A normativa céntrase nunha determinación uniforme das clases de calidade da auga que flúe pola superficie (a clasificación serve como punto de referencia da calidade da auga en varias localizacións e momentos). A clasificación da auga superficial segundo a súa calidade é a seguinte:
 
# auga non contaminada.