Trienio liberal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxiños
m arranxiño
Liña 9:
Malia iso [[España]] viviu un longo período de inestabilidade política causada pola escasa consideración do monarca polo réxime constitucional e polos conflitos políticos causados pola rivalidade entre os liberais moderados, coñecidos como doceañistas, e os liberais exaltados, coñecidos como vintenos e que pretendían un réxime con maiores liberdades e que aplicase reformas sociais e que se axuntaban en sociedades patrióticas. Ademais das guerrillas absolutistas. Aínda así o goberno que dirixía [[Francisco Martínez de la Rosa]] aplicou as primeiras grandes reformas liberais que se acordaran nas Cortes de Cádiz, afirmación das liberdades fundamentais, a abolición da [[Inquisición]] e do réxime señorial, o reforzamento do proteccionismo cerealístico ademais de establecer unha amnistía que permitiu o regreso dos [[afrancesado]]s a España.
 
Entre 1820 e 1821 producíronse varias insurreccións locais en Galicia, [[Cataluña]], [[Comunidade Valenciana|Valencia]], [[Castela]], [[Navarra]] e as [[País Vasco|Provincias Vascongadas]], pero non foi ata 1822 en que derivou nunha auténtica guerra civil sobre todo en Navarra e Cataluña e que contou co apoio da [[Igrexa Católicacatólica]], en total houbo arredor de 30.000 homes sublevados, con técnicas guerrilleiras aprendidas da [[Guerra de Independencia española|Guerra de Independencia]].
 
En xullo de 1822 unha sublevación da Garda Real transformouse nunha vitoria dos exaltados baixo o goberno de [[Evaristo San Miguel]] e en agosto de 1822 os sublevados estableceron a [[Rexencia de Urgell]], encabezada por Bernardo Mozo de Rosales (marqués de Mataflorida), Jaime Creus e Joaquín Ibáñez, que pretendían representaba a Fernando VII, a quen consideraban prisioneiro dos liberais. Pero non foron quen de derrubar ao réxime liberal, e a comezos de 1823 [[Francisco Espoz y Mina]] obrígaos a cruzar a fronteira [[francesa]].