Index Librorum Prohibitorum: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m arranxiño
Liña 1:
{{Título en cursiva}}
O '''''Index Librorum Prohibitorum''''' ou "Índice de libros prohibidos", tamén chamado '''''Index Expurgatorius''''' é unha lista daquelas publicacións que os laicos da [[Igrexa Católicacatólica]] catalogaron como libros perniciosos; ademais establecía as normas da igrexa con respecto aos libros. O propósito desta lista era previr a lectura de libros ou traballos inmorais que contivesen erros teolóxicos e previr a corrupción dos fieis.
 
[[Ficheiro:Index Librorum Prohibitorum 1.jpg|dereita|miniatura|180px|Index Librorum Prohibitorum, 1564]] Foi creado no ano [[1559]] pola [[Inquisición|Sagrada Congregación da Inquisición]] da [[Igrexa Católica]] (posteriormente chamada a [[Congregación para a Doutrina da Fe]]). O índice foi actualizado regularmente ata a súa última edición que data de [[1948]], con materiais que foron agregando tanto a Congregación como o [[Papa]]. A lista non era simplemente un conxunto de obras prohibidas, os [[autor]]es víanse obrigados a defender o seu traballo: podían volver publicalas con modificacións se desexaban evitar que algunha engrosase a lista.