Zenón de Elea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m espacio->espazo
XoseBot (conversa | contribucións)
m cc, ct
Liña 3:
== Pensamento ==
 
En opinión de [[Aristóteles]] foi o creador da ''[[dialéctica]]''. De acordo cunha descrición que fai Platón no diálogo ''Parménides'', Zenón serviuse da dialéctica como un instrumento para refutar a todos aqueles que se burlaban do seu mestre por negar o movemento e a pluralidade. Trátase, polo tanto, dunha ''dialéctica negativa'', que ve na contradicción un límite para o pensamento: se a partir dunha afirmación calquera podemos argumentar que de aí se deriva un absurdo, entón deberemos concluír coa negación da afirmación de partida. En lóxica isto denomínase demostración por ''reducciónredución ó absurdo''.
 
Como acabamos de ver, as afirmacións que Zenón se propuña negar son dúas: a realidade do movemento e a pluralidade. É dicir, nega as certezas sensibles e de sentido común coas que vivimos todos os seres humanos.