Diferenzas entre revisións de «Arte»

Replacing superseded 'Jan Vermeer van Delft 011.jpg' with 'Jan Vermeer - The Art of Painting - Google Art Project.jpg'
(Replacing superseded 'Jan Vermeer van Delft 011.jpg' with 'Jan Vermeer - The Art of Painting - Google Art Project.jpg')
Na [[Arte e cultura clásica|antigüidade clásica grecorromana]], un dos principais berces da [[civilización]] [[Occidente|occidental]] e primeira cultura que reflexionou sobre a arte, considerábase a arte como unha habilidade do ser humano en calquera terreo produtivo, sendo practicamente un sinónimo de ‘destreza’: destreza para construír un obxecto, para comandar un [[exército]], para convencer ó público nun [[debate]], ou para efectuar medicións [[Agronomía|agronómicas]]. En definitiva, calquera habilidade suxeita a regras, a preceptos específicos que a fan obxecto de aprendizaxe, de evolución e de perfeccionamento técnico. En troques, a [[poesía]], que viña da [[Inspiración artística|inspiración]], non estaba catalogada como arte. Así, [[Aristóteles]], por exemplo, definiu a arte como aquela «permanente disposición a producir cousas dun xeito racional», e [[Quintiliano]] estableceu que era aquilo «que está baseado nun método e nunha orde» (''vía et ordine'').<ref>{{cita Harvard|Tatarkiewicz|2002|sp=si|p=39}}</ref> [[Platón]], no ''[[Protágoras (diálogo)|Protágoras]]'', falou da arte, opinando que é a capacidade de facer cousas por medio da [[intelixencia]], a través dunha aprendizaxe. Para Platón, a arte ten un sentido xeral, é a capacidade creadora do ser humano.<ref>{{cita Harvard|Beardsley|Hospers|1990|sp=si|p=20}}</ref> [[Casiodoro]] destacou na arte o seu aspecto produtivo, conforme a regras, sinalando tres obxectivos principais da arte: ensinar (''doceat''), conmover (''moveat'') e compracer (''delectet'').<ref>{{cita Harvard|Tatarkiewicz|1989|sp=si|p=87-88}}</ref>
 
[[Ficheiro:Jan Vermeer van- DelftThe 011Art of Painting - Google Art Project.jpg|miniatura|esquerda|250px|''[[A arte da pintura|Alegoría da pintura]]'' (1666), de [[Johannes Vermeer]].]]
Durante o [[Renacemento]] comezou a formarse un cambio de mentalidade, separando os oficios ([[artesanía]]) e as ciencias das artes ([[Belas Artes]]), onde se incluíu por vez primeira á poesía, considerada ata entón un tipo de [[filosofía]] ou incluso de [[profecía]] —para o que foi determinante a publicación en [[1549]] da tradución [[italia]]na da ''[[Poética (Aristóteles)|Poética]]'' de Aristóteles. Neste cambio interveu considerablemente a progresiva mellora na situación social do artista, debida ó interese que os nobres e ricos homes de prol italianos comezaron a mostrar pola [[beleza]]. Os produtos do artista adquiriron un novo status de obxectos destinados ó consumo estético e, por iso, a arte converteuse nun medio de promoción social, incrementándose o [[mecenado]] artístico e fomentando o [[coleccionismo]].<ref>{{cita Harvard|Tatarkiewicz|2002|sp=si|p=43}}</ref> Xurdiron nese contexto varios tratados [[Teoría|teóricos]] acerca da arte, como os de [[Leon Battista Alberti]] (''De Pictura'', 1436-1439; ''De re aedificatoria'', 1450; e ''De Statua'', 1460), ou ''Os Comentarios'' (1447) de [[Lorenzo Ghiberti]]. Alberti recibiu a influencia aristotélica, pretendendo achegar unha base científica á arte. Falou de ''decorum'', o tratamento do artista para axeitar os obxectos e temas artísticos a un sentido mesurado, perfeccionista. Ghiberti foi o primeiro en periodificar a [[historia da arte]], distinguindo antigüidade clásica, período medieval e o que chamou “renacer das artes”.<ref>{{cita Harvard|Beardsley|Hospers|1990|sp=si|p=44}}</ref>. É tamén neste período cando quedan clasificadas as artes liberais en tres oficios: [[escultura|escultores]], [[pintura|pintores]] e [[arquitectura|arquitectos]].
 
56

edicións