Enfermidade celíaca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Notas: Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}}
Miguelferig (conversa | contribucións)
ligazón
Liña 139:
- anticorpos antigliadina (AGA). Comezáronse a usar en 1981. Dirixidos contra gliadinas (fragmentos do glute). Pouco específicos (adoita haber falsos positivos). Séguense a empregar en cativos menores de 18 meses, xa que os niveis doutros anticorpos acostuman ser negativos. Tamén para o seguimento, xa que se elevan logo tralo consumo de glute. Os máis informativos son os da clase [[IgA]].
 
- anticorpos antiendomisio (EMA). Comezáronse a usar en 1984. Realmente son anticorpos antitransglutaminasa tisular, mais se valoran por [[inmunofluorescencia indirecta]]. Son moi específicos mais algo menos sensíbeis. A técnica é laboriosa e a interpretación subxectiva. Os máis informativos son da clase IgA.
 
- anticorpos antitransglutaminasa tisular (tTG). Usados desde 1997, valóranse mediante [[ELISA]], máis sensíbeis porén menos específicos. Os máis informativos son da clase IgA.