Anticorpo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 298:
=== Terapia prenatal ===
 
As chamadas ''Inmunoglobulinas Rho (D)'' ou inmunoglobulilasinmunoglobulinas anti-RhD son específicas do antíxeno humano Rhesus D tamén coñecido como [[factor Rh]]esus.<ref name= Fung>{{cita publicación periódica|autor=Fung Kee Fung K, Eason E, Crane J, Armson A, De La Ronde S, Farine D, Keenan-Lindsay L, Leduc L, Reid G, Aerde J, Wilson R, Davies G, Désilets V, Summers A, Wyatt P, Young D|título=Prevention of Rh alloimmunization|revista=J Obstet Gynaecol Can|volume=25|número=9|páxinas=765–73|ano=2003|pmid=12970812}}</ref> Destes anticorpos anti-RhD coñécense varias marcas comerciais, como RhoGAM, BayRHo-D, Gamulin Rh, HypRho-D, e WinRho SDF. O factor Rhesus é un antíxeno que se encontra nos [[eritrocito]]s. Os individuos Rhesus-positivo (Rh+) exhiben este anticorpo no [[glicocálix]] dos seus eritrocitos, mentres que os individuos (Rh–) carecen del.
Durante o nacemento normal, o sangue [[feto|fetal]] pode pasar á nai por traumas no parto ou complicacións do embarazo. No caso de [[incompatibilidade Rh]] entre a nai e o fillo, a conseguinte mestura de sangre pode sensibilizar a unha nai Rh- contra o antíxeno Rh do fillo, facendo que nos seguintes embarazos os fetos corran risco de sufrir [[eritroblastose fetal]].<ref>{{cita publicación periódica|autor=Urbaniak S, Greiss M|título=RhD haemolytic disease of the fetus and the newborn|revista=Blood Rev|volume=14|número=1|páxinas=44–61|ano=2000|pmid=10805260|doi=10.1054/blre.1999.0123}}</ref> Os Anti-RhD adminístranse como parte do tratamento prenatal para previr a sensibilización que puidese ter lugar para así evitalo. Ao tratar á nai con anticorpos anti-RhD antes e inmediatamente despois do trauma e o parto destrúe o antíxeno Rh do feto no corpo da nai. Un aspecto importante é que isto acontece antes de que o antíxeno poida estimular os linfocitos B maternos que máis tarde poderían "lembrar" o antíxeno Rh xerando linfocitos B de memoria. Por tanto, o seu sistema humoral inmune non fabricará anticorpos anti-Rh e non atacará os antíxenos Rhesus do seu bebé actual ou futuro.<ref name= Fung />