Melito de Canterbury: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Etiqueta: edición de código 2017
retiro marcador de en uso (leva posto máis dun mes)
Liña 1:
{{en usoBiografía}}
{{biografía}}
'''Melito de Canterbury''', tamén chamado '''Melitón''', ou '''Mellito''', finado o [[24 de abril]] de [[624]], foi o primeiro bispo de Londres, o terceiro [[arcebispo de Canterbury]] e un dos membros da misión gregoriana enviada a Inglaterra para converter aos [[anglosaxóns]]<ref name="Espasa">{{Cita enciclopedia}}</ref><ref>{{Cita enciclopedia}}</ref>. Chegou en 601 cun grupo de clérigos enviados para aumentar a misión, e foi consagrado como bispo de Londres en 604. Melito foi o destinatario dunha famosa carta do papa [[Gregorio I, papa|Gregorio Magno]] coñecida como ''Epistola ad Mellitum'', preservada nunha obra posterior do cronista medieval [[Beda]], que suxire que a conversión dos anglosaxóns debía emprenderse gradualmente e integrar os costumes e rituais pagáns. En 610, Melito regresou a [[Italia]] para asistir a un consello de bispos, e volveu a Inglaterra cun cargamento de cartas papais para algúns dos misioneiros.