Comportamento: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 3:
'''Comportamento''' ou '''conduta''' é o conxunto de respostas, ben por presenza ou por ausencia, que presenta un [[ser vivo]] en [[Interacción biolóxica|relación]] co seu [[Medio ambiente|contorno]] ou mundo de [[estímulo]]s. O comportamiento pode ser [[conciencia|consciente]] ou [[inconsciente]], público ou oculto, [[vontade|voluntario]] ou involuntario, etc. segundo as circunstancias que o afecten. A ciencia que estuda o comportamento animal é a [[etoloxía]] e a ciencia que estuda a conduta desde o punto de vista da [[evolución]] é a [[ecoloxía do comportamento]]. A ciencia que estuda a conduta humana é a [[psicoloxía]], se ben é tamén obxecto de estudo noutras ciencias como a [[socioloxía]] e a [[antropoloxía]].
 
== Tipo de comportamento ==
* Innatos: son aqueles comportamentos que se teñén desde o nacemento e non requiren unha aprendizaxe específica.
* Adquiridos: son os que reproducen unha aprendizaxe. Practicaranse ata o punto de que un estímulo desencadea sempre a mesma resposta.
 
O comportamento humano pode verse condicionado pola xenética (os instintos, sobre todo), a educación recibida, a [[moral]] ou a situación onde actúa. O ser humano xulga sempre todo comportamento desde unha vertente ética, a diferenza doutros animais, polo que considera as condutas como aceptables ou non segundo as normas da súa cultura.
== Delimitación do termo ==
O comportamento das especies estúdao a etoloxía, que forma parte tanto da [[bioloxía]] coma da [[psicoloxía experimental]]. En psicoloxía faise unha distinción importante entre conduta e [[cognición]], pois se ben todos os seres vivos presentan comportamento, non necesariamente todos presentan cognición.