Bispo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
m engado a Categoría:Bispos mediante HotCat
m arranxiños
Liña 3:
[[Ficheiro:Aquileia Basilica - Krypta Fresco Bischofsweihe Hermagoras.jpg|dereita|miniatura|[[Pedro, papa|San Pedro]] consagrando a [[Hermágoras de Aquilea|Hermágoras]] pola imposición das mans en presenza do [[Evanxeo|evanxelista]] [[Marcos o Evanxelista|Marcos]]. Basílica patriarcal de [[Aquilea]], [[Italia]].]]
 
Un '''bispo''' (do [[grego antigo|grego]] do [[Novo Testamento]] ἐπίσκοπος, ''epískopos'', "supervisor", "gardián") é un membro do [[clero]] [[Cristianismo|cristián]] que ostenta unha posición de autoridade. Dentro das igrexas [[Igrexa Católicacatólica|católica]], [[Igrexa Ortodoxa|ortodoxa]], [[Comuñón Anglicana|anglicana]] e [[Unión de Utrecht (igrexas)|veterocatólica]], así como na [[Igrexa Asiria Oriental]], os bispos pretenden ter [[sucesión apostólica]], é dicir, unha liña directa descendente dos [[Doce Apóstolos]]. Dentro destas igrexas, os bispos son aqueles que recibiron o [[Orde sacerdotal|sacerdocio]] no seu máximo grao, é dicir, o '''episcopado''', e quen poden ordenar [[sacerdotes]] e bispos. Algunhas igrexas [[protestantismo|protestantes]] e [[metodistas]] teñen bispos con funcións similares, aínda que non considéranse herdeiros dos Apóstolos.
 
O termo ''epískopos'' non estaba nos comezos do [[cristianismo]] claramente diferenciado do termo ''[[presbítero|presbýteros]]'' ("ancián", hoxe en día co significado de [[sacerdote]]), pero o termo xa era empregado no seu sentido actual, distinto de sacerdote, nos escritos de [[Ignacio de Antioquía]] (finado arredor de [[108]]), e as fontes de mediados do [[século II]] xa amosan como todos os centros do cristianismo organizábanse arredor da figura do bispo, empregando unha forma de organización que non variou até a [[reforma protestante]].
 
== Igrexas ==
=== Igrexa Católicacatólica, Igrexas ortodoxas e Igrexas anglicanas ===
{{Artigo principal|Bispo (Igrexa Católicacatólica)|Bispo (Igrexa Ortodoxaortodoxa)}}
[[Ficheiro:Mitre (plain).svg|dereita|miniatura|Unha [[mitra (indumentaria)|mitra]], empregada como símbolo do ministerio episcopal nas igrexas cristiás occidentais.]]
[[Ficheiro:Template-Bishop.svg|dereita|miniatura|Forma básica do [[escudo heráldico]] dun bispo da Igrexa Católicacatólica.]]
 
Os bispos encárganse da dirección da igrexa na [[Igrexa Católicacatólica]], na [[Igrexa Ortodoxa]], nas [[igrexas ortodoxas orientais]], na [[Comuñón Anglicana]], nas igrexas [[luteranismo|luteranas]] e noutras [[denominacións cristiás]] de raíz católica ou anglicana.
 
A función tradicional dos bispos é a de pastor dunha [[diocese]] (tamén chamada bispado, [[eparquía]] ou [[sede episcopal]]), e de servir por tanto como bispo diocesano (ou eparca, no caso das igrexas orientais). As dioceses varían considerablemente en tamaño e poboación. Ademais dos bispos diocesanos, moitas igrexas teñen unha estrutura de liderado, con diferentes graos de autoridade e responsabilidade.
 
* [[Patriarca]]: Os patriarcas son bispos que dirixen algunhas dioceses con moitos anos de existencia ou determinadas [[igrexas autocéfalas]] ou [[igrexas particulares|particulares]]. Logo do [[Primeiro Concilio Ecuménico de Nicea]], a estrutura da igrexa foi modelada seguindo as divisións administrativas do [[Imperio Romano]] nas que un bispo dunha metrópole chegou a ser o líder eclesiástico dunha capotal dunha provincia. Os bispos das dioceses maiores comezaron a ser chamados "exarcas". Nalgúns casos, un bispo pasou a presidir varias dioceses, como por exemplo as de Roma Antioquía ou Alexandría. No [[Cuarto Concilio Ecuménico de Calcedonia]] en [[451]], déuselle a [[Constantinopla]] xurisdición sobre tres dioceses por ser a residencia do emperador. Adicionalmente, Xerusalén foi recoñecida neste concilio como unha das sedes principais. En [[692]] foron ordenadas ditas sedes en orde de preeminencia como Roma, Constantinopla, Alexandría, Antioquía e Xerusalén. Na Igrexa Católicacatólica, os patriarcas ás veces son chamados '''Catholicos'''; o Patriarca da Igrexa Ortodoxa de Alexandría é chamado '''Papa'''. Mentres que nas [[Igrexas católicas orientais]] a maioría dos patriarcas manteñen xurisdición sobre algunha igrexa particular, os títulos dos patriarcas da [[Igrexa Latina]], agás o do [[Papa]] (Patriarca de Occidente), son tan só honorarios. En [[2006]] o [[Papa Bieito XVI]] deixou de empregar o título de [[Patriarca de Occidente]]. O primeiro rexistro deste título é polo [[Teodoro I, papa|papa Teodoro I]] en [[620]]; porén, en documentos máis antigos da igrexa (como nos do [[Primeiro Concilio de Nicea]]) xa aparece o Papa de Roma listado xunto aos ouros patriarcas (referidos colectivamente como "[[Pentarquía]]"). Posteriormente, as cabezas de varias igrexas nacionais convertéronse en patriarcas, pero dun nivel inferior aos da Pentarquía.
 
[[Ficheiro:Mitra5.jpg|dereita|miniatura|[[mitra (indumentaria)|Mitra]] empregada por bispos orientais, cunha [[icona (arte)|icona]] de [[Cristo]], da [[Theotokos]] (María, Nai de Deus) e [[Xoán o Bautista]].]]
Liña 24:
* [[Primado (relixión)|Primado]]: Un primado é normalmente o bispo da igrexa máis antiga dun determinado país. Ás veces isto implica certa xurisdición sobre algún outro bispo, pero normalmente é un título honorífico. No caso da [[Igrexa Episcopaliana Escocesa]], o primado é escollido de entre os bispos diocesanos e, sen perder as súas responsabilidades coa diocese, é denominado ''Primus''.
* [[Arcebispo maior]]: Os arcebispos maiores ocúpanse de dirixir algunhas [[igrexas católicas orientais]]. Teñen a mesma autoridade sobre a súa igrexa que un patriarca, pero reciben menos honores cerimoniais.
* [[Bispo metropolitano]]: É un arcebispo a cargo dunha [[provincia eclesiástica]], ou grupo de dioceses, ademais de ter xurisdición sobre a súa propia arquidiocese. Ás veces o metropolitano é tamén o líder dalgunha [[igrexa autocéfala]] cando o seu número de fieis é reducido. Na [[Igrexa Católicacatólica latina|Igrexa católica de rito latino]], os metropolitanos son sempre arcebispos.
* [[Arcebispo]]: Un arcebispo é o bispo dunha [[arquidiocese]], normalmente unha diocese particularmente importante na historia da igrexa. Na [[Igrexa Católicacatólica]] o título é puramente honorífico e non implica xurisdición extra. En moitas provincias da [[Comuñón Anglicana]], porén, un arcebispo ten o poder dun primado.
 
[[Ficheiro:Archbishop William Temple.jpg|dereita|miniatura|[[Arcebispo de Canterbury|Arcebispo]] [[William Temple (arcebispo)|William Temple]].]]
 
* [[Bispo sufragáneo]]: Un bispo sufragáneo é un bispo subordinado a un Metropolitano. Na [[Igrexa Católicacatólica]] este termo é empregado para todos os bispos non metropolitanos (é dicir, todos aqueles de dioceses dunha provincia dun metropolitano, e aos [[bispo auxiliar|bispos auxiliares]]). Na [[Comuñón Anglicana]] o termo emprégase para un bispo que axuda a tempo completo a un bispo diocesano: o [[bispo de Warwick]], por exemplo, é sufragáneo do de [[Bispo de Coventry|Coventry]], aínda que os dous viven en [[Coventry]]. Algúns deles reciben responsabilidade dun área dentro da diocese (por exemplo, o bispo de Stepney atende dita área dentro da [[diocese de Londres]].
* [[Bispo titular]]: é un bispo sen diocese. É cabeza dunha [[sede titular]], normalmente unha antiga cidade que tiña bispo, pero que por unha razón ou outra xa non ten. A miúdo, os bispos titulares exercen de bispos auxiliares. No [[Patriarcado Ecuménico de Constantinopla]] os bispos de dioceses modernas reciben a miúdo unha sede titular xunto coa diocese moderna (por exemplo, o arcebispo de [[Thyateira]] e [[Gran Bretaña]]).
* [[Bispo auxiliar]]: é un bispo que asiste e axuda a un bispo diocesano (equivalente ortodoxo e católico do bispo sufragáneo anglicano). Un bispo auxiliar é un bispo titular, e é nomeado [[vigairo xeral]] ou [[vigairo episcopal]] da diocese na que serve.<ref>{{cita web | url=http://www.vatican.va/archive/ENG1104/__P1F.HTM | title=Canon 406 | work=Código de Dereito Canónico | year=1983 | accessdate=2009-06-15}}</ref>
* [[Bispo coadxutor]]: é un bispo auxiliar que ten a mesma autoridade que o bispo diocesano da súa diocese, e o dereito de suceder a dito bispo.
* Bispo emérito é o título que se lles da aos bispos retirados nunha diocese. Nalgunhas denominacións cristiás teñen certas tarefas pastorais, sempre baixo a autoridade do bispo diocesano. Na Igrexa Católicacatólica isto non sucede.
* [[Cardeal (relixión)|Cardeal]]: na Igrexa Católicacatólica, os cardeais son membros do clero nomeados polo [[Papa]] para formar parte do [[Colexio Cardenalicio]], corpo encargado de elixir ao Papa, aínda que a partir dos 80 anos os cardeais perden os dereitos de elección. Os cardeais tamén serven como conselleiros do Papa e teñen postos de autoridade dentro da Igrexa. Segundo o dereito canónico vixente, un home nomeado cardeal debe aceptar a súa ordenación como bispo se non o é, aínda que a maioría dos cardeais xa son bispos cando son nomeados, e a maioría deles son arcebispos de arquidioceses importantes ou patriarcas. Nos últimos tempos, os papas nomearon a algúns sacerdotes, moitos deles teólogos, como cardeais, sen que recibisen a ordenación episcopal. Porén, como eran de máis de 80 anos, non podían participar no [[conclave papal]].
 
==== Deberes ====
[[Ficheiro:Confirmation VanderWeyden.png|esquerda|miniatura|Bispo administrando o [[sacramento (relixión)|sacramento]] da [[Confirmación (sacramento)|Confirmación.]], por [[Rogier van der Weyden]].]]
 
Na [[Igrexa Católicacatólica]], na [[Igrexa Ortodoxa]] e na [[Comuñón Anglicana]], só os bispos poden ordenar bispos, [[sacerdote]]s e [[diácono]]s.
 
Na tradición litúrxica oriental, un sacerdote só pode celebrar a [[Divina Liturxia]] coa bendición dun bispo. Na tradición bizantina, colócase un ''[[antimension]]'' asinado polo bispo no altar como lembranza de que dito altar está baixo a súa autoridade. Na tradición da Igrexa Siríaca colócase un bloque consagrado de madeira chamado ''[[thabilitho]]'' polas mesmas razóns.
 
O [[Papa]], ademais de ser o bispo da [[diocese de Roma]] e xefe espiritual da [[Igrexa Católicacatólica]], é tamén o Patriarca da [[Igrexa Latina]]. Todos os bispos deste rito responden directamente ante el, e non ante outros bispos, agás ante un metropolitano nalgún caso. Anteriormente, o Papa empregaba o título de ''Patriarca de Occidente'', pero este título foi abandonado en 2006<ref>[http://www.aciprensa.com/noticias/benedicto-xvi-renuncia-al-titulo-de-patriarca-de-occidente/ 1 de marzo de 2006]</ref>, o que causou preocupación na Comuñón Ortodoxa por implicar, para eles, unha xurisdición papal máis ampla.
 
Nas [[catedral|catedrais]] destas igrexas existe unha cadeira (''[[cátedra]]'') especial para uso exclusivo do bispo da diocese, polo común chamada "[[Trono (monarquía)|trono]]". Nalgunhas denominacións cristiás, como na Comuñón Anglicana, as igrexas parroquiais tamén teñen unha cadeira reservada para o bispo no caso de visita, como forma de simbolizar a unión da parroquia co bispo.
 
O bispo é o ministro ordinario do [[sacramentosSacramento da Igrexa Católica(relixión)|sacramento]] de [[confirmación]] na [[Igrexa Católicacatólica Latinalatina]], e na Comuñón Anglicana e nas igrexas veterocatólicas tan só un bispo pode administrar este sacramento. Porén, nos ritos orientais, a [[crismación]] realízase e seguido ao [[bautismo]], e por tanto o sacerdote é quen confirma, empregando un crisma bendecido polo bispo.
 
== Notas ==