Abrir o menú principal

Cambios

m
arranxiño
Porén, neste longo período de mil anos houbo todo tipo de feitos e procesos moi diferentes entre si, diferenciados temporal e xeograficamente, respondendo tanto a influencias mutuas con outras civilizacións e espazos como a dinámicas internas. Moitos deles tiveron unha gran proxección cara ao futuro, entre outros os que sentaron as bases do desenvolvemento da posterior expansión europea, e dos axentes sociais que produciron unha [[sociedade estamental]] de base predominantemente rural pero que presenciou o nacemento dunha incipiente vida urbana e unha [[burguesía]] que co tempo levarán ao [[capitalismo]].<ref name=autogenerated1>Rodney Hilton, ''op. cit.''</ref> Lonxe de ser unha época inmobilista, a Idade Media, que comezara con [[Migracións dos pobos bárbaros|migracións de pobos enteiros]], e continara con grandes procesos repoboadores (como o derivado da [[Reconquista]] na [[Península Ibérica]], ou o [[Ostsiedlung]] en [[Europa Central]] e [[Europa Oriental|Oriental]]) viu como nos seus últimos séculos os antigos camiños (moitos deles [[vías romanas]] decaídas) se reparaban e modernizaban con airosas pontes, e se enchían de toda clase de viaxeiros (guerreiros, [[peregrino]]s, mercadores, estudantes, [[goliardo]]s, etc.), encarnando a metáfora espiritual da vida coma unha viaxe (''[[homo viator]]'').<ref>Le Goff, ''op. cit.'', pg. 63-64</ref>
 
Tamén xurdiron na Idade Media novas formas políticas, que van desde o [[califato]] islámico aos poderes universais da [[Igrexa Católicacatólica|cristiandade latina]] ([[Papa|Pontificado]] e [[Sacro Imperio Romano Xermánico|Imperio]]), ou o [[Imperio bizantino]] e os reinos [[eslavos]] integrados na [[Igrexa ortodoxa|cristiandade oriental]] ([[aculturación]] e [[evanxelización]] de [[Cirilo e Metodio]]); e, en menor escala, todo tipo de [[Cidade-estado|cidades estado]], desde as pequeñas [[Cidade Imperial Libre|cidades episcopais]] alemás ata [[repúblicas marítimas|repúblicas]] que mantiveron imperios marítimos como [[Venecia]]; deixando na metade da escala á que tivo maior proxección futura: as monarquías [[Feudalismo|feudais]], que transformadas en monarquías [[Autoritarismo|autoritarias]] prefiguran o [[estado moderno]].
 
== Definición e caracterización ==
99.710

edicións