Barbanegra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ampliación da frota: Florida, Estados Unidos de América
Lles (conversa | contribucións)
m Cambiei arroxado por guindado. Arroxar https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/arroxar
Liña 101:
O resto da tripulación de Maynard saíron correndo do compartimento de cargo, gritando e disparando. O plan de sorprender a Teach tivo éxito e os piratas estaban desprevidos ante este asalto. Teach xuntou ós seus homes e os dous grupos loitaron por toda a cuberta. Maynard e Teach dispararon as súas armas o un ao outro. Teach sacou o seu [[alfanxe]] e conseguiu rachar a espada de Maynard. Grazas o adestramento militar e unha pequena vantaxe de número, os piratas foron acurralados cara á proa, e a tripulación do ''Jane'' conseguiu arrodear a Maynard e Teach, que nese momento quedou illado dos seus homes.<ref>{{Harvnb|Konstam|2007|pp=255–257}}</ref> Cando Maynard estaba a cargar a súa arma para disparar de novo, Teach atacouno, pero recibiu un corte no pescozo por parte dun dos homes de Maynard. O resto de piratas rendeuse entón. Os que quedaban no ''Adventure'' foron capturados pola tripulación do ''Ranger'', incluíndo un que tentara prenderlle lume ao compartimento da pólvora para facer estoupar o barco.<ref name="Lee120123"/>
 
Os distintos informes das baixas resultantes da batalla indican números dispares. Maynard informou que morreran 8 dos seus homes e 12 piratas, mentres que Brand informou que os mortos foran 10 piratas e 11 homes de Maynard, e Spotswood afirmou que finaran 10 piratas e 10 homes do Rei.<ref name="Lee120123">{{Harvnb|Lee|1974|pp=120–123}}</ref> Maynard puido examinar o corpo de Teach posteriormente, e viu que recibira uns cinco disparos e tiña uns vinte cortes de arma branca. Tamén atopou varios obxectos de correspondencia, incluíndo unha carta de Tobias Knight dirixida a Teach. O cadáver de Teach foi arroxadoguindado ao esteiro, mais a súa cabeza foi colgada nun dos mastros da corveta de Maynard como proba para recadar a recompensa.<ref>{{Harvnb|Lee|1974|pp=122, 124}}</ref>
 
== Legado ==