Peleo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
en uso
Etiqueta: edición de código 2017
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxos de formato
Liña 1:
{{en uso}}
[[Ficheiro:Thetis_Peleus_Louvre_G373.jpg|miniatura|Tetis e Peleo.]]
'''Peleo''' ([[Lingua grega antiga|grego antigo]] Πηλεύς, ''PēleúsPēléus'') na [[mitoloxía grega]] foi o pai de [[Aquiles]], polo cal é chamado tamén ''Pelida'' (varias veces na [[Ilíada]]). Era fillo de [[Éaco]] e de [[Endeide]], reis dos [[mirmidóns]] de [[Exina, Grecia|Exina]], e neto de [[Zeus]] e [[Exina, Grecia|Exina]] (pai) e [[Escirón]] e [[Cariclo]] (nai).
 
== DesterroTraxectoria ==
=== Desterro ===
Peleo e o seu irmán [[Telamón]] asasinaron por envexa ao seu medio irmán [[Foco]], pois este destacaba nas competicións. Cando o crime foi descuberto, Éaco desterrou de Exina a ambos; entón Telamón foise a [[Illa de Salamina|Salamina]] e Peleo a [[Ftía]]<ref>Apolodoro, ''Biblioteca mitológica'' III,12,6-7.</ref>.
 
=== Peleo en Ftía ===
En Ftía foi recibido polo rei [[Euritión]], quen lle deu á súa filla [[Antígona (filla de Euritión)|Antígona]] por esposa e con ela foi pai de [[Polidora]]. Logo, Peleo e Euritión participaron na [[cazaría do xabaril de Calidón]] pero alí o primeiro deu morte involuntariamente ao segundo<ref>Apolodoro, ''Biblioteca mitológica'' III,13,1-2.</ref>.
 
=== En Iolco ===
De novo tivo que partir ao exilio e viaxou a [[Iolco]], onde reinaba [[Acasto|Acasto.]] Alí a muller deste, [[Astidamía]], namorouse del. Con todo, Peleo rexeitouna. Ante o cal, presa do despeito, a raíña acusouno ante o seu marido de tentar seducila.
 
O rei, con intención de se vingar, convidou a Peleo a unha cazaría nos seus territorios da fronteira norte do reino. No transcurso da cal, os homes do rei apresárono, roubáronlle a súa espada, valioso agasallo do seu pai, atárono e abandonárono á súa sorte, sen cabalo e sen comida, nun territorio no que vivían os [[Centauro|centauros.]] O primeiro destes seres co que se atopou foi [[Quirón]], de quen pronto se fixo amigo e axudoulle a regresar ao seu fogar. Esta converteríase nunha amizade para sempre, e Peleo, coñecendo a sabedoría de Quirón, máis adiante confiaríalle a educación do seu fillo Aquiles.
 
Unha vez de regreso e a salvo no seu fogar do palacio de Exina, relatou todo o sucedido ao seu pai. Este, furioso, concedeulle o mando do seu exército. Dese modo regresou a Ftía, matou o rei e á raíña pola súa infamia e apropiouse definitivamente do país, o cal se convertería na nova terra dos [[mirmidóns]] que o acompañaron.
 
=== Viaxe dos argonautas ===
No seu exército non só marchaban mirmidóns, senón moitos outros heroes gregos, e foi así como coñeceu a [[Xasón]] e aos [[Cástor e Pólux|Dióscuros.]] Cousa que lle levou a seguilos como parte da tripulación coñecida como os [[Argonautas]] na súa temeraria viaxe á [[Cólquida]] en busca do [[Vélaro de ouro]].
 
Ao seu regreso de Cólquida Peleo estableceuse en Ftía, onde, á morte do seu pai, foi coroado rei dos mirmidóns, trasladando de Exina a Ftía a capital do seu reino.
 
=== Voda de Peleo e Tetis ===
Cando Peleo se namorou de Tetis pediu consello a Quirón para atopar a forma de seducila, xa que ela, como todas as [[nereidas]], posuía o poder de cambiar de forma ao seu antollo. Quirón recomendoulle que unha vez que a atrapase non a soltase, sen importar en que se transformase. Así o fixo, e cando esta se transformou en lura, atrapouna por un brazo e non a soltou ata que regresou á súa forma de muller, momento no que Peleo puido tomala á forza.
 
A voda de Pelexo e Tetis celebrouse na cova de Quirón, no monte Pelión. Case toda a nobreza grega e mesmo os mesmos deuses asistiron. Durante a cerimonia Peleo recibiu, como agasallo do centauro, unha lanza de freixo feita polos mesmos [[Hefesto]] e [[Atenea|Atenea.]] Celebrouse ao grande, Quirón tanxiutanxeu a [[Lira (música)|lira]] e as nereidas bailaron toda a noite[cita {{Cómpre referencia}}. Pero aquel feliz momento foi augado por algo que traería terríbeis consecuencias. Case todos os deuses foran convidados a aquela festa, menos Eris, a deusa da discordia; a cal, furiosa por aquela afronta, urdiu un plan para se vingarse. Primeiro pediu unha mazá de ouro do xardín das [[Hespérides]], na cal plasmou o seguinte: ''kallisteiκαλλίστῃ kallístei'' (''Parapara a máis fermosa'') e lanzouna no medio da voda. Ao vela, [[Hera]], [[Atenea]] e [[Afrodita]], alegando cada unha ser a máis bela, e por tanto merecedora do premio, disputáronlla, o que traería como consecuencia o xuízo de Paris e a posterior [[Guerra de Troia]].
 
=== Aquiles ===
Da unión de Tetis e Peleo naceu o poderoso [[Aquiles]], o cal grazas a que o seu pai pediu a Quirón que se encargase do seu adestramento e educación, se converteu nun hábil tocador de lira e poderoso guerreiro.
 
Pasaron os anos e Peleo, xa envellecido e canso, non se animou a participar persoalmente na [[guerra de Troia]], preferindo enviar a Aquiles ao mando dos [[mirmidóns]], e unha vez que os gregos o sacaron do agocho ao cal lle enviou a súa nai, no palacio do rei [[Licomedes]] da illa de [[Esciro]], recrutárono.
 
=== Últimos anos ===
Non se volve a saber de Peleo até o final da guerra, da cal Aquiles non regresou. Con todo a súa vida durou suficiente como para presenciar o glorioso retorno do seu neto, [[Neoptólemo]], do cal non se sabe se no momento do encontro sequera o coñecía. O famoso rapaz, ao que se lle atribuía o papel principal na toma de Troia, regresou a Ftía para reclamar o reino do seu pai. Peleo non parece ter inconveniente e axiña que como este arribou ás costas gregas, abdicou no seu favor.
 
Así, o vello rei viviu tranquilamente baixo o reinado do seu neto, o cal casou con [[Hermíone]], a fermosa filla do rei [[Menelao]] de [[Esparta|Esparta.]] Con todo, esta nunca deu un fillo a Neoptólemo. Mais si o tivo coa súa escrava, [[Andrómaca]], a cal pariu a un neno chamado [[Moloso]]. Narra [[Eurípides]] que cando a celosa raíña Hermíone pediu axuda ao seu pai, durante a ausencia de Neoptólemo, tentaron matar a Andrómaca e ao pequeno, foi o ancián Peleo quen encarou ao poderoso rei espartano e por medio da palabra conseguiu que se marchase sen lles facer dano. Entón foi cando Andrómaca e Moloso fuxiron do palacio para perderse rumbo ao norte.
 
Neoptólemo, frustrado porque a súa esposa non lle daba fillos, decidiu pedir consello ao oráculo de [[Delfos]], dentro de cuxo recinto foi asasinado por [[Orestes|Orestes.]] Entón, Pelexo, xa nos seus últimos días, non quedándolle descendentes, e non querendo deixar as súas terras a Menelao, pensou que os máis sensato era darllas en herdanza ao servente de máis confianza de Neoptólemo. Foi así como, tras a morte de Peleo, [[Héleno]], antigo príncipe de [[Troia]] e logo escravo do fillo de Aquiles, recobrou a súa dignidade converténdose en rei de Ftía.{{Gobernante}}
 
== Véxase tamén ==
 
=== Outros artigos ===
* '''''Andrómaca''''', [[Traxedia grega|traxedia]] de [[Eurípides]].
 
* '''''A voda de Tetis e Peleo''''', [[ópera]] de [[Francesco Cavalli]].
 
== ReferenciasNotas ==
{{listaref}}
 
=== EnlacesLigazóns externosexternas ===
{{Commonscat|Peleus}}
* Peleo, Tetis e Aquiles nas metamorfoses, de [[Ovidio]]: Libro XI, 221 - 265. Texto español en [[Galifontes|Wikisource]].