Farinxe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
a
m Desfixéronse as edicións de 213.60.135.94 (conversa); cambiado á última versión feita por BanjoBot 2.0
Etiqueta: Reversión
Liña 15:
DorlandsSuf = 12633198 |
}}
A '''farinxe''' é un tubo [[músculo|musculoso]] situado no pescozoopescozo e revestido duunhadunha [[membrana mucosa]]; conecta o [[nariz]] e a [[boca]] coa [[traquea]] e o [[esófago]]. Pola farinxe pasan tanto o [[aire]] coma os [[alimento]]s, polo que forma parte tanto do [[aparello dixestivo]] coma do [[aparello respiratorio]]. No home mide uns trece centímetros, estendido desde a base externa do [[cranio]] ata a 6ª ou 7ª [[vértebra]] cervical, situándose diante da [[columna vertebral]]<nowiki/>l.
 
 
== Partes da farinxe ==
'''Farinxe superior''': tamén se chama nasofarinxe ou rinofarinxe ó arrincar da parte posterior da [[fosa nasal|cavidade nasal]]. O teito da farinxe situado na nasofarinxe chámase ''cavum'', onde se atopan as amígdalas farínxeas ou adenoides. A nasofarinxe está limitada por diante polas coanas das fosas nasais e por abaixo polo veo do [[padal]]. A ambos os dous lados presenta o orificio que pon en contacto o [[oído medio]] coa parede lateral da farinxe a través da [[Trompa de Eustaquia|Trompa de Eustaquio]]. Detrás deste orificio atópase un receso farínxeo chamado ''fosita de Rosenmüller''. Na parede posterior da nasofarinxe apréciase o relevo do arco anterior do [[atlas (vértebra)|Atlas]] ou primeira vértebra cervical.
 
'''Farinxe media''': tamén se chama orofarinxe ou bucofarinxe porque por diante se abre á boca ou [[cavidade oral]] a través do [[istmo das fauces]]. Por arriba está limitada polo veo do padal e por abaixo pola [[epiglote]]. Na orofarinxe atópanse as [[amígdala]]s palatinas ou anxinas, entre os alicerces palatinos anterior ou glosopalatino e posterior faringopalatino.