Diferenzas entre revisións de «Farinxe»

a
(o u)
(a)
 
== Partes da farinxe ==
'''Farinxe superior''': tamén se chama nasofarinxe ou rinofarinxe ó arrincar da parte posterior da [[fosa nasal|cavidade nasal]]. O teito da farinxe situado na nasofarinxe chámase ''cavum'', onde se atopan as amígdalas farínxeas ou adenoides. A nasofarinxe está limitada por diante polas coanas das fosas nasais e por abaixo polo veo do [[padal]]. A ambos os dous lados presenta o orificio que pon en contacto o [[oído medio]] coa parede lateral da farinxe a través da [[Trompa de Eustaquia|Trompa de Eustaquio]]. Detrás deste orificio atópase un receso farínxeo chamado ''fosita de Rosenmüller''. Na parede posterior da nasofarinxe apréciase o relevo do arco anterior do [[atlas (vértebra)|Atlas]] ou primeira vértebra cervical.
 
'''Farinxe media''': tamén se chama orofarinxe ou bucofarinxe porque por diante se abre á boca ou [[cavidade oral]] a través do [[istmo das fauces]]. Por arriba está limitada polo veo do padal e por abaixo pola [[epiglote]]. Na orofarinxe atópanse as [[amígdala]]s palatinas ou anxinas, entre os alicerces palatinos anterior ou glosopalatino e posterior faringopalatino.
Usuario anónimo