Éibar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Demografía: Arranxos varios, replaced: contaba con → tiña
Lles (conversa | contribucións)
m Cambiei arroxo por afouteza
Liña 146:
O 3 de maio a acción da proclamación republicana que convertera a Eibar no punto de partida para o resto do Estado serviu para que se oficializase, coa asistencia de importantes personalidades políticas, sociais e culturais, o cambio do título de vila polo de '''Moi Exemplar Cidade'''.
 
{{Cita|Eibar recibe título de ''Moi Exemplar Cidade'' pola valentía e arroxoafouteza mostrados polos seus cidadáns ao ser a primeira cidade en proclamar a II república. Ao acto institucional, celebrado onte, día 3 de maio de 1931, na maxestosa casa consistorial eibarresa, acudiron ilustres personalidades da vida política e cultural, destacando os señores D. Indalecio Prieto, Ministro de Facenda, D. Miguel de Unamuno, presidente do Consello de Instrución Pública, e o capitán xeral da primeira rexión militar Queipo de Llano. Presidiu a entrega do título o excelentísimo alcalde D. Alejandro Tellería.}}
 
A [[Revolución de 1934|revolución de outubro de 1934]] tivo grande incidencia na cidade. A traxectoria progresista dos seus habitantes, reflectida nos resultados das urnas, levaron a que o día [[5 de outubro]] saísen ás rúas eibarresas máis de 400 cidadáns co obxectivo de facerse co control da cidade. Nos disturbios houbo 7 mortos (4 insurrectos, 1 paisano, 1 garda de asalto e o industrial [[carlista]] Carlos Larrañaga). Foron detidas máis de 300 persoas das rúas, das que 172 se enfrontaron a un consello de guerra en 1936.