Lenin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios, replaced: <br> → <br/> (5)
Liña 53:
 
{{Imaxe dupla|right|Lenin-1895-mugshot.jpg|170|KrupskayaPhoto.png|160|Lenin (esquerda) nunha foto policial de decembro de 1895, e a súa namorada [[Nadezhda Krupskaia|Nadezhda "Nadya" Krupskaia]] (dereita), quen máis tarde se convertería na súa muller.}}
Vladimir comezou unha relación cunha compañeira marxista,<ref>{{cita Harvard|Fischer|1964|sp=si|pp=22-23, 25}}</ref> a [[Docente|mestra]] [[Nadezhda Krupskaia|Nadezhda "Nadya" Krupskaia]] ([[1869]]-[[1939]]), quen lle presentara a varios traballadores socialistas. No [[outono]] de [[1894]], Vladimir era xa o líder dun círculo de traballadores que se xuntaban os domingos durante dúas horas para discutir ideas revolucionarias socialistas, cos cales utilizaba un [[pseudónimo]], Nikolai Petrovich, a pesar de que cariñosamente se referían a el como ''Starik'' (vello) por mor da súa aparencia. Isto e outras accións devíanse a que era moi meticuloso para cubrir as súas pegadas, xa que a policía tiña moitos espías que trataban de infiltrarse no movemento revolucionario.<ref>{{cita Harvard|Rice|1990|sp=si|pp=41-43}}</ref> Na época tamén tamén escribiu o seu primeiro tratado político: ''Quen son os "amigos do Pobo" e como loitan os [[socialdemocracia|socialdemócratas]]'', baseado en gran parte nas súas experiencias en Samara, sendo preto de 200 exemplares impresos e distribuídos ilegalmente. Aínda que tomou ideas de outros, Lenin e os socialdemócratas chocaban coas ideas do Partido Social-Revolucionario (SR), que seguía exemplo do xa defunto Partido Popular pola Liberdade. Promocionando unha plataforma agraria socialista, o SR facía fincapé no papel do campesiño como revolucionario, destacando o feito de que en [[1881]] había 75 millóns de campesiños e tan só un millón do [[proletariado]] urbano. Pola contra, os marxistas crían que a motivación principal da clase campesiña era ser dono da súa propia terra, e que eran por tanto capitalistas, non socialistas; en cambio, viron o proletariado como a forza revolucionaria que traería o socialismo. Vladimir, con todo, conserva influencias do pensamento de militante agrariosocialista de Pëtr Tkachëvi ([[1844]]-[[1886]]).<ref>{{cita Harvard|Service|2011|sp=si|pp=98, 105}}</ref>
 
Vladimir agardaba promover unha boa relación entre o seu movemento socialdemócrata e o Grupo para a Emancipación do Traballo,unha organización fundada en [[Xenebra, Suíza|Xenebra]] ([[Suíza]]) por Pleckhanov e outros emigrados marxistas rusos en [[1883]]. E.I. Sponti e el mesmo foron seleccionados para viaxar a Suíza para reunirse con Pleckhanov, que aínda que xeralmente apoiaba os movementos socialdemócratas criticábaos por ignorar o papel que a burguesía podería desempeñar na revolución antitsarista.<ref>{{cita Harvard|Fischer|1964|sp=si|pp=30-31}}</ref> Viaxando a [[Zúric]], Vladimir coñeceu e estableceu amizade con Pavel Axelrod, outro membro do Grupo para a Emancipación do Traballo. Partindo de [[París]] ([[Francia]]) reuniuse con [[Paul Lafargue]] e realizou unha investigación na [[Comuna de París]] de [[1871]], véndoa como un prototipo para un goberno proletario. Financiado pola súa nai, regresou a Suíza para permanecer nun ''spa'' antes de viaxar a [[Berlín]] ([[Alemaña]]), alí reuniuse con [[Wilhelm Liebknecht]]<ref>{{cita Harvard|Service|2011|sp=si|p=103}}</ref> e estudou durante seis semanas na Staatsbibliothek. Regresou a Rusia cun cargamento ilegal de literatura revolucionaria, e viaxou por varias cidades, chegando a ser consciente de que estaba a ser controlado pola policía. Coincidindo cunha serie de folgas en San Petersburgo,<ref>{{cita Harvard|Rice|1990|sp=si|pp=44-48}}</ref> centradas na fábrica téxtil Thornton en [[1895]], distribuíu literatura marxista entre traballadores, ademais de implicarse na produción dun boletín informativo: ''A causa dos traballadores''. Porén, tanto el como outros corenta activistas foron detidos a noite antes da publicación do primeiro número e acusados de cometer actividades sediciosas.<ref>{{cita Harvard|Rice|1990|sp=si|pp=48-51}}</ref>