Inlandsis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Viascos (conversa | contribucións)
→‎Inlandsis da Antártida: Engado dato e referencia
Liña 9:
== Inlandsis da Antártida ==
{{Artigo principal|Inlandsis da Antártida}}
O inlandsis [[Antártida|antártico]] constituíuse primeiramente como un [[campos de xeo]] a inicios do [[oligoceno]] con períodos de avance e retroceso ata o [[plioceno]] cando os xeos cubriron o continente da Antártida ao situarse este pola [[deriva continental]] na área polar meridional. A idade do xeo estímase entre 120.000 e 500.000 anos.<ref>{{Cita libro |nome= Robert R.|apelidos= Coenraads |nome2= John I.|apelido2= Koivula|título= Geología, las fuerzas dinámicas de la Tierra |dataacceso= 21 de marzo de 2018|edición= |ano= 2008 |editorial= |editor= Margaret Olds|lugar= |lingua= es|isbn= 987-3-833-4379-3}}</ref>
 
O inlandsis antártico cobre unha área de máis de 14 millóns de km² ampliándose a uns 30 millóns de km² durante o inverno. Coa súa extensión estival de 14 millóns de km² posúe 30 millóns de [[Quilómetro cúbico|km³]] de xeo, isto significa o 90% da [[auga doce]] do planeta Terra.<ref name="strahler">{{cita libro |apelido= Strahler|nome= Arthur N.|título= Geología física|lingua= es|ano= 1992|editorial= Omega|lugar= Barcelona|isbn= 84-282-0770-4|capítulo= 18|páxinas= 474-6|cita=}}</ref> Se os xeos do inlandsis antártico se derretesen o nivel dos océanos elevaríase 61,1 m. O [[quecemento global]] xa provocou a case total desaparición das ducias de miles de quilómetros correspondentes á [[barreira de xeos Larsen]] a partir dos [[1980]].{{Cómpre referencia}}