Áiax o Menor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos
Lles (conversa | contribucións)
m Cambiei arroxou por guindou (arroxar:https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/arroxar)
Liña 10:
Isto provocou a ira de Atenea, que coa axuda de [[Poseidón]] fixo que a nave de Áiax naufragara durante a fatídica tempestade que dispersou a frota grega no seu regreso á patria.
 
De aí que da súa morte existen dúas versións. A máis difundida é que pereceu afogado cando o seu barco se afundiu ó estrelarse contra un promontorio chamado "As rochas Xiras" no [[mar Exeo]]. A outra sostén que a auga o deixou sobre unha desas pedras mentres estaba inconsciente. Unha vez que a tormenta escampou e Áiax espertou, sabendo que a tormenta era obra de Poseidón para castigalo polos seus pecados, comezou a burlarse do Deus dicindo que por máis esmero que puxera non conseguira matalo. Para a súa desgraza, como se dunha resposta se tratase, unha man sostendo un tridente emerxeu das augas e llo arroxouguindoullo. A arma atravesou o peito de Áiax e o ensartou á rocha, matándoo ó instante. Dise que tan pronto como a súa alma o abandonou, o tridente e o seu corpo se transformaron en pedra e alí quedaron, como unha rocha alta que sobresae das augas do mar Exeo.
 
{{Commons|Ajax the Lesser}}